Saltar ao contido

Denunciamos ante a Fiscalía de Medio Ambiente, a ENEL UNIÓN FENOSA RENOVABLES, S.A, Concellería de Medio Ambiente-Xunta de Galicia e Confederación Hidrográfica do Norte (hoxe en día do Miño-Sil)-Ministerio de Medio Ambiente do Goberno do Estado español. Tedes a info completa dentro deste post.
.
Este venres día 13, as 20:30 na casa da cultura de Ribadavia, teremos unha palestra sobre a macroplanta de xestión de residuos que se pretende instalar no veciño concello de O Irixo. As repercusións para a comarca do Ribeiro serán un dos temas a tratar, polo que animamos a tódolos veciños da comarca a asistir a esta charla.
.

A Casa da Cultura do Carballiño quedouse pequena o martes 27 para escoitar a charla que deron o representate da Federación Ecoloxista Galega (FEG) e un biólogo membro da Sociedade Galega de Historia Natural …

.

Hoxe estivemos no Irixo de novo dado o  pleno extraordinario para a aprobar o plan xeral de ordenación urbanística trala invitación que se nós fixo a asistir por parte dalgúns dos veciños do concello…
.
.
O sábado pasado asistimos, no Irixo, á reunión organizada pola plataforma Incineradora, no Irixo, non. Gustounos bastante, sobre todo porque, como se anunciaba, si parece unha plataforma promovida principalmente polos veciños, sen que sexa ningún partido político o que, en principio, estea detrás disto. Outra cousa será o que pase máis adiante e quen trate de sacar proveito…
.

O  pasado sábado 19 de novembro celebramos o magosto na Picuxa. Ainda que ao final quedou un bo día, en principio como tódolos pronósticos que manexábamos prevían chuvia, o sentido común (ese que tanto escasea últimamente) aconsellounos facelo a cuberto.

A repotenciación da minicentral hidroeléctrica do Cerves, coa pretensión de chuchar un 50% máis do caudal de auga do río, un acto de rapiña ambiental flagrante. Podedes ler toda a información dentro deste post.
.
.

Como cada ano celebramos o magosto. Este ano será na Franqueirán(en caso de choiva farémolo na Picuxa), o sábado día 19 sobre as 13:00 horas. Como cada ano facemos o magosto dun xeito, aparte de festivo, reivindicativo. Por este motivo teremos unha palestra na sala-pub Aljama coa temática “A problemática dos incendios na Galiza”.

Xa temos lotería de nadal como tódolos anos. Este ano tamén temos a opción de mercar décimo ou participación. Poderedes atopala no Aljama, La Huella del Gato, Meu, Morto ou directamente a través de calquera de nós. Moita sorte a todos e gracias por colaborar!

.

Falamos da petición de chuchar máis auga do río Cerves  para a súa explotación hidroeléctrica a través da minicentral sita no concello de Melón, no que xa estamos traballando. Tamén damos a nosa opinión sobre o tema das zonas inundables no Ribeiro…

 .

Con estas verbas abría o noticiario dunha cadena de televisión nacional fai pouco. Estes días, Galicia é noticia de portada nos xornais e nas televisións. E dentro de Galicia, Ourense, que fomos quen de desbancar ao resto de provincias por riba de indemnizacións indecentes, de códices varios e de rapaces que se esnafran os fins de semana contra as casas.

.

Dende a Rede de Sementes están recollendo firmas en apoio o Manifesto polo dereito dos agricultores e agricultoras a vender as súas propias sementes de variedades tradicionais. O manifesto pódeno apoiar tanto persoas físicas ou xurídicas. Dentro do enlace tedes máis info e o link para firmalo manifesto.

.

Onte, como prometimos, volvimos a ir polo río para ver se o das manchas era cousa dun día ou podía alongarse no tempo. Pois ben, onte pola mañán volvía a haber esas estrañas manchas no río (podedes velas no artigo de abaixo).  Chamamos a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, quen se personou…

Despois do período de vendimas xa estamos aquí de novo. A volta trae consigo manchas de aceite no río, do que falaremos agora. Pero primeiro analizaremos o que pasou mentres nós non estivemos…

.

.

O mes pasado solicitamos información relativa, ante a Consellería de Medio Rural e inda sen contestación , da cantidade de anguías remontadas dende o encoro de Frieira. Pero como ben dixemos fai un tempo a anguía é o símbolo que engloba o resto de especies migradoras do río Miño. Por todo isto ampliamos a solicitude de información o resto de especies mediante carta entregada a Consellería do Medio Rural hoxe mesmo…

.

Como sabedes o pasado 15 de Xullo enviamos un informe denuncia á Confederación Hidrográfica Miño Sil co gallo dos problemas que lle acontecen ó río Avia. Cremos que a Confederación fixo unha interpretación incorrecta e sesgada do informe que nós lle enviamos, co cal volvemos a enviarlle un novo escrito, máis amplo incluso que o anterior e que podedes ler a continuación.

.

Informamos a tódolos socios, e non socios por suposto, que este ano a Asociación Ecoloxista Coto do Frade non procederá a súa práctica habitual de remonte desta especie. Tras moitos debates internos dentro da asociación chegouse, xa fai unhas semanas polo que pedimos desculpas pola demora do comunicado…

.

 Benjamín Cela é unha persona afecionada á pesca aló polas terras de Lemos. Benjamín está especialmente sensibilizado co medio natural e cos ríos principalmente, e por elo decidiu abrir unha páxina web onde expón as súas inquedanzas e preocupacións sobre a contaminación dos ríos

O pasado venres 15 de Xullo, a Asociación Ecoloxista Coto do Frade presentou un informe-denuncia perante a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, motivado polo ataque constante que está a sufrir o río nos últimos meses. Estendemos así a preocupación que moitos de vós nos fixestes chegar agardando, con este novo escrito, que se poida solucionar un problema que está a rematar coa pouca saúde que lle quedaba ó noso río e a todo o ecosistema asociado a este…

.

.

Coto do Frade presentou fai pouco alegacións ao borrador do que pretende ser a nova lei de montes (DOGA do 17 de xuño de 2011). Dende Coto do Frade pensamos que as leis teñen que facerse con visión estratéxica de país, e dicir, para que duren no tempo e sexan ferramentas útiles para o goberno de turno e os que veñan detras, calquera que sexa a súa cor.

.

Unha vez máis volvemos a asistir estupefactos a un novo episodio de contaminación no río Avia. A última tormenta, caída durante a noite, e a falla de separación entre os colectores de pluviais e residuais, conxuntamente coa inoperanza do Concello, Confederación Hidrográfica e a inestimable axuda de Aqualia, fano posible…

.

A plaga estival continúa, os sitios:os mesmos de sempre, as medidas:máis insuficientes todavía, se cabe. Enlazamos coa web amiga, Anacos do Ribeiro, que coma sempre danos unha visión axeitada dun problema enquistado no ADN galego.

.

O pasado día 16 de xuño rematou o prazo para presentar alegacións ao borrador do Plan Hidrolóxico, que elaborou a Confederación Hidrográfica Miño-Sil e Limia. Este Plan Hidrolóxico pretende ser unha ferramenta útill…

.

.

Coto do Frade lamenta o espectáculo mediático, o calificativo de ecoterroristas e o desfile por cuartelillos e xulgados de activistas na defensa dos animais, que non parecen atender a máis razóns que a de criminalizar os movementos sociais actuais, pra limpar a base de medidas represoras as conciencias cidadáns a traveso do que se pode cualificar como terrorismo de Estado…

.

Adiantamos a postura das asociacións ecoloxistas (ADEGA, Amigos da Terra, ASCEL, SÉ, Verdegaia, Matar por matar, NON, Libera, Coto do Frade, …, polo momento) fronte á irracional orde de vedas 2011-2012 que, con graves consecuencias para a fauna, acaba de ser feita pública…

.

A Asociación Ecoloxista Coto do Frade inicia unha nova campaña na defensa da anguía. Pero desta volta imos comezar as nosas reivindicacións dun xeito un tanto diferente. A Asociación Ecoloxista Coto do Frade inicia o I Concurso de deseño de camisolas, onde o eixo fundamental é a propia anguía. Agardamos os vosos deseños. Ánimo e moita sorte!!!

.

A Comisaría de augas da Confederación Hidrográfica Miño-Sil inicia expediente sancionador contra Aqualia e o Concello de Ribadavia polos feitos delitivos denunciados por Coto do Frade o 23 de Xaneiro deste mesmo ano. Naquel momento denunciamos a rotura de sumidoiros polo paseo do río…

.

Xa somos socios de pleno dereito de Fiare. Fiare é unha iniciativa de banca ética (palabras que non son excluíntes e que poden ir xuntas) surxida a nivel estatal e que pretende ofrecer servicios bancarios…

.

O río Avia apareceu estes días cheo de espuma. Non se sabe moito da posible presenza das mesmas, inda que si se pode intuír. Inda que nun primeiro momento se pensou por parte dalgúns veciños que esta espuma non era máis que as babas que proviñan das glándulas salivares  dos políticos locais, nesta tempada de pacto, repacto , chupo do bote e enchufo porque me toca, ó final resultou que non…

.

.

Coto do Frade denuncia a lamentable e delictiva actuación por parte da empresa Aqualia, coa permisividade do propio Concello, que están convertendo ó río Avia, atentado ecolóxico tras atentado ecolóxico, nun cadaleito en vida nos derradeiros anos…

O día 27 de maio celebrouse a asamblea anual ordinaria da asociación, na casa da cultura de Ribadavia. Despois de dar lectura a acta da sesión anterior, de facer un resumo das actividades realizadas neste último ano…

.

A asociación ecoloxista Coto do Frade quere convidar aos seus socios a participar na asamblea ordinaria, que terá lugar o vindeiro venres 27 de maio ás 20:00 h en primeira convocatoria e ás 20:30 h en segunda convocatoria, na Casa da Cultura de Ribadavia.

.

O vindeiro 22 de maio celebraranse eleccións municipais. Coa presentación deste documento dende a Asociación Ecoloxista queremos salientar a importancia crucial dos concellos (por mor das súas responsabilidades e competencias) á hora de realizar actuacións tendentes a acadar un modelo ecoloxicamente sustentable no noso territorio.

.

O pasado venres día 15 de abril, conmemoramos o Día da Loita Campesiña no bar Aljama.Comezamos cunhas charlas onde tres amigos nos relataron as súas experiencias no eido da agricultura ecolóxica, que é a agricultura que se fixo sempre, sin pretender envelenar a niguén.

.

O pasado xoves 14 de abril, dando resposta as inquedanzas dos nosos socios, xente de Coto do Frade reunímonos con representantes da Confederación Hidrográfica Miño-Sil. O motivo foi manifestar a nosa preocupación polo estado en que se atopan os amieiros do río Avia e …

.

  O 17 de abril de 1996, dezanove campesinos do Movemento Sen Terra do Brasil  foron asasinados na localidade de El Dorado dos Carajás, no estado do Pará. A raíz deste feito, coñecido internacionalmente como a masacre de El Dorado, estableceuse o 17 de abril como Xornada Mundial da Loita Campesiña.

.

Onte soubemos que as negociacións para albergar a planta incineradora no sur da provincia xa están dando os seus froitos. A Peroxa parece ser un quiero y no puedo da man do rexedor local, manexado coma un monicreque sen graza polo bufón maior de Ourense, no reino de Feijóo…

.

A asociación ecoloxista Coto do Frade quere convidarte a participar na asamblea extraordinaria de socios, que se celebrará o vindeiro venres 11 de febreiro ás 19:45 h en primeira convocatoria e ás 20:00 h en segunda convocatoria na Casa da Cultura de Ribadavia.

.

 

Como cada ano chegada a derradeira semán do mes de xaneiro, Galiza asiste ó extemporáneo e nauseabundo campionato estatal da matanzo do raposo. Nesta ocasión, a zona cero da aberración, lugar escollido para a celebración desta anacrónica actividade disfrazada de deporte, foi Pontecaldelas (Pontevedra)…

O martes 25 de xaneiro reuniuse na Casa da Cultura de Ribadavia a coordinadora da plataforma incineranon. Esta plataforma constituiuse a mediados do ano pasado co gallo de mostrar a súa oposición á incineradora coa que nos quere agasallar a Xunta, e que será construída próximamente no sur de Galicia.

.

 

Coto do Frade denuncia o estado de abandono dos sumidoiros que verten ao río Avia e Miño. Cada vez que chove forte, estes sumidoiros vense desbordados, vertendo directamente aos ríos augas residuais e demais lerias. Ademais damos unha breve explicación sobre outro verquido incontrolado, na zona do Carballiño, que afecta ao río Avia.

.

 

As declaracións publicadas en diversos medios, o pasado mércores, polo excelentísimo Presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar Pumar – lembrando a súa oposición ó anterior modelo de xestión do lixo plantexado polo bipartito, asegurando que non se faría en Carballeda de Avia nin no Ribeiro, gañándose naquel momento un importante número de votos

.

A administración galega aprobou, o pasado 13 de Xaneiro, o que sería o Novo Plano de Residuos para o decenio 2010-2020. Os peores augurios quedaron confirmados. A maior parte do investimento adícase a unha macroplanta incineradora no sur da Galiza, preto dos 250 millóns de euros, a metade do custe previsto no novo Plano de Residuos , cun montante total de 510 millóns de euros que, na súa meirande parte, un 84% do total, virá de fontes privadas…

.

Durante este mes de xaneiro está a levarse a cabo, un ano máis, un dos máis brutais e sanguentos atentados contra a fauna  e o medio ambiente de Galiza. Trátase dos lamentables “campionatos de caza do raposo”, unhas matanzas de animais que, travestidas de “deporte”, consisten en catro campionatos provinciais, un rexional e un nacional  para competir entre máis de mil participantes, chegados de toda España, por ver quen mata máis animais…

.

O Consello da Xunta ven de aprobar este mércores o novo Plano de Residuos 2010-2020, onde se ratifica o exposto no documento de inicio apresentado en Maio de 2010, é dicir, a incineradora para o sur da Galiza e a continuidade do modelo fracasado SOGAMA é xa unha realidade…

.

Sogama ven de lanzar unha campaña publicitaria a traveso de “La voz de Galicia”, só na versión papel, co ánimo de lavar a súa imaxe e ir achantando o camiño cara á instalación dunha segunda planta para o Sur da Galiza, unha planta que superará en capacidade á de Cerceda e que levará consigo a continuidade dun modelo fracasado…

Hoxe era o último día para a presentación do que sería o novo plano de residuos para Galiza no periodo que comprende o decenio 2010-2020. Como ben sabedes estabamos expectantes dado que saira en distintos medios de comunicación – informados pola consellería pertinente – que en decembro se publicaría este documento, non en cambio a ubicación definitiva da macroplanta que, pra non gañarse enemistades e perda de votos…

Wikileaks segue dando de si e desta volta destapa a connivencia entre E.E.U.U. e o goberno español, de mans do seu secretario de Estado de Medio Rural Josep Puxeu, para presionar a Unión Europea no uso de transxénicos. Unha vez máis óbviase a opinión dos cidadáns – o cultivo dos transxénicos é repudiado por un 61% dos europeos segundo datos do Eurobarómetro -, sendo as grandes empresas transnacionais as que deciden por nós coa axuda da clase política. Vomitivo.

A empresa Green Power apresentará o vindeiro mércores ante a Consellería do Medio Ambiente un proxecto de planta de residuos para o sur da Galiza, a coñecida e teimosa nova Sogama semella ir tomando forma ante a negativa de Agustín Hernández a debater o novo (vello) modelo cos grupos ecoloxistas…

A opinión pública de Coto do Frade en canto ó Plan de Residuos 2010-2020, que pretenden aprobar en principio neste mes de decembro, xa pode ser consultada nesta páxina web. Só tedes que pinchar no vinculo de arriba para consultar o posicionamento desta asociación.

.

O goberno do PP volve deixarnos abraiados cun exercicio de total desprezo á poboación galega, ás leis deste país, ás do Estado español e ás europeas, ó conceder a través do concurso eólico – que nada ten que ver coa xestión do lixo – a construción dunha macroplanta de xestión de basuras sen que exista unha convocatoria pública  á que outras empresas poidan optar, un xeito de actuar totalmente fraudulento, herdanza oculta do fraguismo que se está destapando como habitual no último mes…

.

Unha nova volta de torca do goberno do PP, de mans do excelentísimo conselleiro de Medio Ambiente Agustín Hernández, propiciará a especulación urbanística en solos de especial protección de Galiza, amparándose en medidas que se aplicarán “excepcionalmente…, cando a utilidade pública o xustifique”, segundo un comunicado do departamento de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, que dirixe o propio Hernández…

O vindeiro sábado día 13 celebraremos o magosto en Pena Corneira, como fai algúns anos, e como acto reivindicativo pola planta de lodos instalada en Lamas, que tanto molesta ós veciños e que parece ó borde da saturación. Ás doce da mañán haberá unha andaina dende a área recreativa de Pena Corneira á propia planta de lodos pra voltar posteriormente a zona da pena pra ter unha xornada festiva e revindicativa. Vémonos alá.

+ No caso de choiva mudaremos o magosto de sitio e celebrarémolo na Picuxa de Ribadavia. Estades todas e todos convidados.

Como cada ano por estas datas, Coto do Frade pon a venda participacións e decimos da lotaría de nadal. Lembramos que isto facémolo pra poder sacar uns cartiños que van en beneficio de todos, xa que o traballo que se leva a cabo dende a asociación é totalmente voluntario e altruista. Os decimos teñen un custo de 23 euros cun donativo de tres, mentres que as participacións custan 3 euros cun donativo de sesenta centimos.

Graciñas por colaborar connosco e moita sorte a tod@s.

Coto do Frade, como membro da Federación Ecoloxista Galega, únese o manifesto en favor do peche das centrais térmicas de carbón, esixindo un cambio de modelo e unha reubicación dos postos dos traballadores afectados que é, en realidade, o gran problema do peche destas centrais en tempos de crise, sen obviar, por suposto, que o beneficio duns cantos non se pode antepoñer a saúde de todos…

.

Despois deste periodo postvacacional e postvendimas, o Coto volve a reunirse. Será, coma sempre, os mércores a partires das 20:30 na huella do gato.

Se tedes calquer proposta, nova que comentar ou simplemente queredes asistir a reunión e traballar un pouquiño con nós ou simplemente estar informados de primeira man do que acontece na comarca, non dubidedes en asistir.

Vémonos éste ou calquer mércores na praza maior de Ribadavia.

Un saúdo.

A consellería de Medio Rural acaba de anunciar que vai autorizar batidas ao xabaril desde abril ata xaneiro. Nada menos que dez meses de caza por ano e 20.000 batidas que nin precisan acreditar danos e serán autorizadas de antemán.

A Federación Ecoloxista Galega (FEG) presentará coma alegación principal ás Directrices de Ordenación do Territorio a exclusión da ampliación da Rede Natura 2000, un documento que acadou “estado administrativo” e financiado con cartos públicos (…)

.

Seguir este blogue

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.