Día da Loita Campesiña
O 17 de abril de 1996, dezanove campesinos do Movemento Sen Terra do Brasil foron asasinados na localidade de El Dorado dos Carajás, no estado do Pará. A raíz deste feito, coñecido internacionalmente como a masacre de El Dorado, estableceuse o 17 de abril como Xornada Mundial da Loita Campesiña.
Como xeito de lembrar e conmemorar, as organización de campesinos, indíxenas e traballadores do rurais de todo o mundo, mobilízanse, exprésanse e convidan ás organización sociais e populares a manifestarse tamén nesta xornada contra o modelo agropecuario das grandes corporacións económicas e dos organismos interncionais de comercio e finanzas (FMI, OMC, Banco Mundial…), e a favor dun desenvolvemento rural con campesinos, con comunidades indíxenas, montes e biodiversidade.
Coto do Frade quere aportar o seu gran de area para conmemorar este día. Para elo quedades convidados aos coloquios e concertos que estamos a preparar para este venres 15 de abril no Café Aljama. Contamos con vos!!
15 de abril de 2011
No Café Aljama (Ribadavia)
20.30 h Palestra-Coloquio
Agroecoloxía. Experincias en Ourense e no Ribeiro”
22.00 h Petiscos para todos
22.30 h Concertos.
The Churumbells
Tristetto

Os comentarios están pechados.