Saltar ao contido

cotofraE chegou 2015. E con el cumpliriamos vinte anos. Pero non os imos cumplir……

 

.

cotofraCoto do Frade ven de celebrar o día 22 de febreiro unha asemblea extraordinaria. Nesta ocasión, e debido á ralentización da actividade o pasado ano, a xunta directiva quixo abrir un debate sobre o presente e futuro da asociación. Para elo, quen mellor que os…

cotofraCoto do Frade está pasando polo momento máis delicado dende a súa fundación, debido á falta de implicación da súa base social e a perda de forza no seu grupo de traballo, onde a posible disolución se presenta como una posibilidade real.

 

DSC_0176A finais do 2012, a empresa salmantina “Minas y Geología S.L.” presentou baixo o nome de “Wolfran Aurense” unha memoria para facer un estudo xeolóxico nunha superficie de arredor de 1.600 hectáreas que comprenderían os concellos de Cartelle,  Arnoia, Castrelo de Miño e Ramirás. O concello máis afectado sería o de Cartelle, con arredor do 55% desta superficie, e sobre o 15% para cada un dos restantes.

 

VLUU L100, M100  / Samsung L100, M100Denunciamos ante Fiscalía a Gas Natural Fenosa, Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (Xunta de Galicia) e Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente do Goberno do Estado español). A denuncia é polo tema de Frieira, o tema estrela desta asociación que naceu ós pes deste encoro ó tratar de salvagardar as especies migradoras do río Miño, nomeadamente, e como ben sabedes, ás anguías.

.

Este venres 13 de abril celebraremos de novo o día da Loita Campesiña.

 

.

Non queremos ser pesados, pero a imaxe do río Avia é lamentable e a actuación das diferentes administracións: de xulgado de garda. Un río cheo de constantes espumas é algo normal?
.
.
Este domingo un de Abril temos unha andaina, dunhas tres horas de duración e dificultade media, en protesta pola micentral do Cerves. O punto de encontro será as 10:30 na praza maior de Ribadavia. Á chegada a Melón teremos unha comida, cun prezo popular de 10 euros, no asador das pozas á que todo o mundo está convidado.
.
Como ben sabedes, a semana pasada, denunciamos a Confederación Hidrográfica por ocultación de datos. Despois de moitos meses solicitando unha información que non nós foi facilitada, tivemos que recorrer a Fiscalía para que nós fixeran caso…
.
Como xa anticipamos a semana pasada, presentamos a denuncia, este martes pasado, contra a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, por ocultación de datos. Ademais disto…
..
.
Despois de moito tempo seguimos na mesma luita polos problemas que lle acontecen ó Avia. Quizais o cambio na presidencia da Confederación traia outro modo de actuar, cousa que en realidade non cremos xa que nós deron coa primeira na frente, trala denuncia feita o martes pasado…
.

Enlazamos a entrevista feita a esta asociación por un vello amigo do Coto, reconvertido a blogueiro, e que leva tempo a bloguear o que acontece dende que se soubo que o Irixo ía albergar unha macroplanta, para a suposta xestión do lixo sur, baseada fundamentalmete na incineración.

.

A meirande parte dos grupos ecoloxistas de Galiza vimos de constituír, no día de onte, unha plataforma galega contra a incineración
.

Como xa sabedes, este pasado ano Coto do Frade non levou a cabo o tradicional remonte de anguías no encoro de Frieria. O motivo é que esta especie, en serio perigo de extinción, está a ser víctima dun parásito A. crassus ( verme microscópico).

.

Denunciamos ante a Fiscalía de Medio Ambiente, a ENEL UNIÓN FENOSA RENOVABLES, S.A, Concellería de Medio Ambiente-Xunta de Galicia e Confederación Hidrográfica do Norte (hoxe en día do Miño-Sil)-Ministerio de Medio Ambiente do Goberno do Estado español. Tedes a info completa dentro deste post.
.
Este venres día 13, as 20:30 na casa da cultura de Ribadavia, teremos unha palestra sobre a macroplanta de xestión de residuos que se pretende instalar no veciño concello de O Irixo. As repercusións para a comarca do Ribeiro serán un dos temas a tratar, polo que animamos a tódolos veciños da comarca a asistir a esta charla.
.

A Casa da Cultura do Carballiño quedouse pequena o martes 27 para escoitar a charla que deron o representate da Federación Ecoloxista Galega (FEG) e un biólogo membro da Sociedade Galega de Historia Natural …

.

Hoxe estivemos no Irixo de novo dado o  pleno extraordinario para a aprobar o plan xeral de ordenación urbanística trala invitación que se nós fixo a asistir por parte dalgúns dos veciños do concello…
.
.
O sábado pasado asistimos, no Irixo, á reunión organizada pola plataforma Incineradora, no Irixo, non. Gustounos bastante, sobre todo porque, como se anunciaba, si parece unha plataforma promovida principalmente polos veciños, sen que sexa ningún partido político o que, en principio, estea detrás disto. Outra cousa será o que pase máis adiante e quen trate de sacar proveito…
.

O  pasado sábado 19 de novembro celebramos o magosto na Picuxa. Ainda que ao final quedou un bo día, en principio como tódolos pronósticos que manexábamos prevían chuvia, o sentido común (ese que tanto escasea últimamente) aconsellounos facelo a cuberto.

A repotenciación da minicentral hidroeléctrica do Cerves, coa pretensión de chuchar un 50% máis do caudal de auga do río, un acto de rapiña ambiental flagrante. Podedes ler toda a información dentro deste post.
.
.

Como cada ano celebramos o magosto. Este ano será na Franqueirán(en caso de choiva farémolo na Picuxa), o sábado día 19 sobre as 13:00 horas. Como cada ano facemos o magosto dun xeito, aparte de festivo, reivindicativo. Por este motivo teremos unha palestra na sala-pub Aljama coa temática “A problemática dos incendios na Galiza”.

Xa temos lotería de nadal como tódolos anos. Este ano tamén temos a opción de mercar décimo ou participación. Poderedes atopala no Aljama, La Huella del Gato, Meu, Morto ou directamente a través de calquera de nós. Moita sorte a todos e gracias por colaborar!

.

Falamos da petición de chuchar máis auga do río Cerves  para a súa explotación hidroeléctrica a través da minicentral sita no concello de Melón, no que xa estamos traballando. Tamén damos a nosa opinión sobre o tema das zonas inundables no Ribeiro…

 .

Con estas verbas abría o noticiario dunha cadena de televisión nacional fai pouco. Estes días, Galicia é noticia de portada nos xornais e nas televisións. E dentro de Galicia, Ourense, que fomos quen de desbancar ao resto de provincias por riba de indemnizacións indecentes, de códices varios e de rapaces que se esnafran os fins de semana contra as casas.

.

Dende a Rede de Sementes están recollendo firmas en apoio o Manifesto polo dereito dos agricultores e agricultoras a vender as súas propias sementes de variedades tradicionais. O manifesto pódeno apoiar tanto persoas físicas ou xurídicas. Dentro do enlace tedes máis info e o link para firmalo manifesto.

.

Onte, como prometimos, volvimos a ir polo río para ver se o das manchas era cousa dun día ou podía alongarse no tempo. Pois ben, onte pola mañán volvía a haber esas estrañas manchas no río (podedes velas no artigo de abaixo).  Chamamos a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, quen se personou…

Despois do período de vendimas xa estamos aquí de novo. A volta trae consigo manchas de aceite no río, do que falaremos agora. Pero primeiro analizaremos o que pasou mentres nós non estivemos…

.

.

O mes pasado solicitamos información relativa, ante a Consellería de Medio Rural e inda sen contestación , da cantidade de anguías remontadas dende o encoro de Frieira. Pero como ben dixemos fai un tempo a anguía é o símbolo que engloba o resto de especies migradoras do río Miño. Por todo isto ampliamos a solicitude de información o resto de especies mediante carta entregada a Consellería do Medio Rural hoxe mesmo…

.

Como sabedes o pasado 15 de Xullo enviamos un informe denuncia á Confederación Hidrográfica Miño Sil co gallo dos problemas que lle acontecen ó río Avia. Cremos que a Confederación fixo unha interpretación incorrecta e sesgada do informe que nós lle enviamos, co cal volvemos a enviarlle un novo escrito, máis amplo incluso que o anterior e que podedes ler a continuación.

.

Informamos a tódolos socios, e non socios por suposto, que este ano a Asociación Ecoloxista Coto do Frade non procederá a súa práctica habitual de remonte desta especie. Tras moitos debates internos dentro da asociación chegouse, xa fai unhas semanas polo que pedimos desculpas pola demora do comunicado…

.

 Benjamín Cela é unha persona afecionada á pesca aló polas terras de Lemos. Benjamín está especialmente sensibilizado co medio natural e cos ríos principalmente, e por elo decidiu abrir unha páxina web onde expón as súas inquedanzas e preocupacións sobre a contaminación dos ríos

O pasado venres 15 de Xullo, a Asociación Ecoloxista Coto do Frade presentou un informe-denuncia perante a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, motivado polo ataque constante que está a sufrir o río nos últimos meses. Estendemos así a preocupación que moitos de vós nos fixestes chegar agardando, con este novo escrito, que se poida solucionar un problema que está a rematar coa pouca saúde que lle quedaba ó noso río e a todo o ecosistema asociado a este…

.

.

Coto do Frade presentou fai pouco alegacións ao borrador do que pretende ser a nova lei de montes (DOGA do 17 de xuño de 2011). Dende Coto do Frade pensamos que as leis teñen que facerse con visión estratéxica de país, e dicir, para que duren no tempo e sexan ferramentas útiles para o goberno de turno e os que veñan detras, calquera que sexa a súa cor.

.

Unha vez máis volvemos a asistir estupefactos a un novo episodio de contaminación no río Avia. A última tormenta, caída durante a noite, e a falla de separación entre os colectores de pluviais e residuais, conxuntamente coa inoperanza do Concello, Confederación Hidrográfica e a inestimable axuda de Aqualia, fano posible…

.

A plaga estival continúa, os sitios:os mesmos de sempre, as medidas:máis insuficientes todavía, se cabe. Enlazamos coa web amiga, Anacos do Ribeiro, que coma sempre danos unha visión axeitada dun problema enquistado no ADN galego.

.

O pasado día 16 de xuño rematou o prazo para presentar alegacións ao borrador do Plan Hidrolóxico, que elaborou a Confederación Hidrográfica Miño-Sil e Limia. Este Plan Hidrolóxico pretende ser unha ferramenta útill…

.

.

Coto do Frade lamenta o espectáculo mediático, o calificativo de ecoterroristas e o desfile por cuartelillos e xulgados de activistas na defensa dos animais, que non parecen atender a máis razóns que a de criminalizar os movementos sociais actuais, pra limpar a base de medidas represoras as conciencias cidadáns a traveso do que se pode cualificar como terrorismo de Estado…

.

Adiantamos a postura das asociacións ecoloxistas (ADEGA, Amigos da Terra, ASCEL, SÉ, Verdegaia, Matar por matar, NON, Libera, Coto do Frade, …, polo momento) fronte á irracional orde de vedas 2011-2012 que, con graves consecuencias para a fauna, acaba de ser feita pública…

.

A Asociación Ecoloxista Coto do Frade inicia unha nova campaña na defensa da anguía. Pero desta volta imos comezar as nosas reivindicacións dun xeito un tanto diferente. A Asociación Ecoloxista Coto do Frade inicia o I Concurso de deseño de camisolas, onde o eixo fundamental é a propia anguía. Agardamos os vosos deseños. Ánimo e moita sorte!!!

.

A Comisaría de augas da Confederación Hidrográfica Miño-Sil inicia expediente sancionador contra Aqualia e o Concello de Ribadavia polos feitos delitivos denunciados por Coto do Frade o 23 de Xaneiro deste mesmo ano. Naquel momento denunciamos a rotura de sumidoiros polo paseo do río…

.

Xa somos socios de pleno dereito de Fiare. Fiare é unha iniciativa de banca ética (palabras que non son excluíntes e que poden ir xuntas) surxida a nivel estatal e que pretende ofrecer servicios bancarios…

.

O río Avia apareceu estes días cheo de espuma. Non se sabe moito da posible presenza das mesmas, inda que si se pode intuír. Inda que nun primeiro momento se pensou por parte dalgúns veciños que esta espuma non era máis que as babas que proviñan das glándulas salivares  dos políticos locais, nesta tempada de pacto, repacto , chupo do bote e enchufo porque me toca, ó final resultou que non…

.

.

Coto do Frade denuncia a lamentable e delictiva actuación por parte da empresa Aqualia, coa permisividade do propio Concello, que están convertendo ó río Avia, atentado ecolóxico tras atentado ecolóxico, nun cadaleito en vida nos derradeiros anos…

O día 27 de maio celebrouse a asamblea anual ordinaria da asociación, na casa da cultura de Ribadavia. Despois de dar lectura a acta da sesión anterior, de facer un resumo das actividades realizadas neste último ano…

.

A asociación ecoloxista Coto do Frade quere convidar aos seus socios a participar na asamblea ordinaria, que terá lugar o vindeiro venres 27 de maio ás 20:00 h en primeira convocatoria e ás 20:30 h en segunda convocatoria, na Casa da Cultura de Ribadavia.

.

O vindeiro 22 de maio celebraranse eleccións municipais. Coa presentación deste documento dende a Asociación Ecoloxista queremos salientar a importancia crucial dos concellos (por mor das súas responsabilidades e competencias) á hora de realizar actuacións tendentes a acadar un modelo ecoloxicamente sustentable no noso territorio.

.

O pasado venres día 15 de abril, conmemoramos o Día da Loita Campesiña no bar Aljama.Comezamos cunhas charlas onde tres amigos nos relataron as súas experiencias no eido da agricultura ecolóxica, que é a agricultura que se fixo sempre, sin pretender envelenar a niguén.

.

O pasado xoves 14 de abril, dando resposta as inquedanzas dos nosos socios, xente de Coto do Frade reunímonos con representantes da Confederación Hidrográfica Miño-Sil. O motivo foi manifestar a nosa preocupación polo estado en que se atopan os amieiros do río Avia e …

.

  O 17 de abril de 1996, dezanove campesinos do Movemento Sen Terra do Brasil  foron asasinados na localidade de El Dorado dos Carajás, no estado do Pará. A raíz deste feito, coñecido internacionalmente como a masacre de El Dorado, estableceuse o 17 de abril como Xornada Mundial da Loita Campesiña.

.

Onte soubemos que as negociacións para albergar a planta incineradora no sur da provincia xa están dando os seus froitos. A Peroxa parece ser un quiero y no puedo da man do rexedor local, manexado coma un monicreque sen graza polo bufón maior de Ourense, no reino de Feijóo…

.

A asociación ecoloxista Coto do Frade quere convidarte a participar na asamblea extraordinaria de socios, que se celebrará o vindeiro venres 11 de febreiro ás 19:45 h en primeira convocatoria e ás 20:00 h en segunda convocatoria na Casa da Cultura de Ribadavia.

.

 

Como cada ano chegada a derradeira semán do mes de xaneiro, Galiza asiste ó extemporáneo e nauseabundo campionato estatal da matanzo do raposo. Nesta ocasión, a zona cero da aberración, lugar escollido para a celebración desta anacrónica actividade disfrazada de deporte, foi Pontecaldelas (Pontevedra)…

O martes 25 de xaneiro reuniuse na Casa da Cultura de Ribadavia a coordinadora da plataforma incineranon. Esta plataforma constituiuse a mediados do ano pasado co gallo de mostrar a súa oposición á incineradora coa que nos quere agasallar a Xunta, e que será construída próximamente no sur de Galicia.

.

 

Coto do Frade denuncia o estado de abandono dos sumidoiros que verten ao río Avia e Miño. Cada vez que chove forte, estes sumidoiros vense desbordados, vertendo directamente aos ríos augas residuais e demais lerias. Ademais damos unha breve explicación sobre outro verquido incontrolado, na zona do Carballiño, que afecta ao río Avia.

.

 

As declaracións publicadas en diversos medios, o pasado mércores, polo excelentísimo Presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar Pumar – lembrando a súa oposición ó anterior modelo de xestión do lixo plantexado polo bipartito, asegurando que non se faría en Carballeda de Avia nin no Ribeiro, gañándose naquel momento un importante número de votos

.

A administración galega aprobou, o pasado 13 de Xaneiro, o que sería o Novo Plano de Residuos para o decenio 2010-2020. Os peores augurios quedaron confirmados. A maior parte do investimento adícase a unha macroplanta incineradora no sur da Galiza, preto dos 250 millóns de euros, a metade do custe previsto no novo Plano de Residuos , cun montante total de 510 millóns de euros que, na súa meirande parte, un 84% do total, virá de fontes privadas…

.