Skip to content

Documento de posicionamento conxunto, Parque Ambiental de Carballeda de Avia

09/09/2007

En base ó documento presentado a estes grupos ecoloxistas por membros da Consellería de Vivenda e Solo, titulado: “Estudio de Viabilidade dun Parque empresarial en Carballeda de Avia”.

1- LUGAR DE UBICACIÓN

O ámbito de actuación do citado parque afecta a núcleos de poboación situados a menos de 2000 metros, concretamente a nove localidades e un total de 1269 persoas, incumplindo así o Decreto 2414/1961 de 30 de novembro polo que se aproba o “Regulamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas e Perigosas”, xa que, segundo a única información sobre o tratamento do lixo da que dispoñen os grupos asinantes deste documento, que se corresponde coas declaracións do Conselleiro de Medio Ambiente FranciscoVázquez que datan do venres 2 de marzo de 2007, neste parquetrataranse sustancias así categorizadas pola lista europea aprobada pola Decisión 94/904/CE, do Consello, de 22 de decembro, de acordo có apartado 4 do artigo 1 da Directiva 91/689/CEE de residuos perigosos como son determinados aceites, ácidos, bases, disolventes, que o Conselleiro cita nas súas declaracións. Polo tanto os grupos abaixo asinantes afirman que a ubicación do “parque medioambiental” non é a adecuada. No referente o tema de augas, os grupos ecoloxistas asinantes, non poden aceptar a instalación dun complexo de semellantes características porque:

  • · No hipotético caso dun verquido accidental,  independentemente do abastecemento de Ribadavia o cal se pode revisar segundo consta no estudo de viabilidade, os ríos Maquiáns, Avia e Miño poden chegar a ter un problema real de contaminación das augas, afectando pola súa proximidade (apenas 1100 m), a praia fluvial de A Veronza (desembocadura do Maquiáns). Segundo consta no estudo de viabilidade; “A maioría do terreo do ámbito de actuación verte o río Maquiáns”.
  • · O municipio de Ribadavia ten a súa captación de auga para o consumo no río Maquiáns, polo tanto consideramos descartada a posibilidade de abastecer ó parque, do mesmo xeito tamén consideramos inaceptable verter pola mesma razón. No hipotético caso, recollido no estudo de viabilidade referente a unha nova captación para o consumo de Ribadavia, subliñar que o río Maquiáns é o único que garante a calidade das augas sendo o único que carece centrais hidroeléctricas existentes ou de futura construcción (río Outeiro-Brull). Polo tanto consideramos de uso prioritario (recollido na lei de augas) o abastecemento dende Maquiáns.

Por ambos motivos apelamos ó Principio de Precaución, recomendando un estudo a fondo no referente á captación, abastecemento e depuración de augas para un polígono co que a demanda crecerá enormemente.

2- INVERTIR EN REDUCIÓN

Os grupos abaixo asinantes acordaron solicitar un apoio real á procedementos e proxectos encamiñados a redución de residuos, favorecendo un investimento en redución a partir de que se marquen obxectivos cualitativos de Redución de Residuos no Plan de Xestión de Residuos Sólidos Urbanos de Galicia.

3- DESCENTRALIZACIÓN PARA A XESTIÓN DE RESIDUOS

Os grupos abaixo asinantes queren, de novo, instar a estas Consellerías a revisar o sistema de xestión de residuos para Galicia, solicitantdo a descentralización polo menos para os RSU.

4- ASISTENCIA Á REUNIÓN COAS CONSELLERÍAS DE VIVENDA E SOLO E MEDIO AMIBENTE.

Os grupos abaixo asinantes esiximos que, na xuntanza coa Consellería de Vivenda ou coa Consellería de Medio Ambiente, que o primeiro punto sexa a presentación do novo Plan de Xestión de Residuos Sólidos Urbanos de Galiza (PXRSUG) e o papel que este Parque vai ter dentro del. Nesta exposición deberase incluir información real sobre as fraccións a xestionar no Parque e os tratamentos e tecnoloxías que se van desenvolver nel. Pensamos que este estudo de viabilidade non é representativo xa que está feito sen ter en conta cantidade, tipo, etc de residuos e tecnoloxías a tratar e utilizar. Por este motivo solicitamos unha moratoria deste proxecto ata ter aprobado (despois dun proceso participado) o PXRSUG.

ASINAN:

Coto do Frade

Foro Social “Temos dereito a Saber”

Ridimoas

Amigos da Terra

Adega

Federación Ecoloxista Galega

Verdegaia

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: