Skip to content

AAE, Parque “Ambiental” de Carballeda

11/01/2008

Carballeda de Avia segue avanzando sen saber moi ben hacia onde, a presentación do Documento de Referencia para Avaliación Ambiental Estratéxica do Parque “Medioambiental” amosa, unha vez máis, o ninguneo que sofren os colectivos locais implicados no medioambiente (Ridimoas e Coto do Frade) así como, a sociedade civil afectada (Foro Social “Temos dereito a saber”). As observacións destes colectivos non foron tidas en conta á hora da elaboración do documento de referencia, sendo as súas propostas ignoradas, “alternativa cero” e “principio de precaución” aparecen como instrumentos de comparsa para cubrir o expediente, nunca como obxectivos a ter en conta por parte da administración para a tramitación do proxecto. As políticas europeas que fan referencia ás diferentes categorías de residuos, á protección da saúde e do medioambiente, son claras ó respecto, en Carballeda de Avia nunca se poderán tratar rsu, tóxicos nin perigosos , nun radio inferior ós 2000 metros, seguimos insistinto, habitan preto de 1700 persoas.

Da actual administración depende ou non a legalidade do proxecto; da clase política local depende ou non a defensa dos seus representados, que para ben ou para mal seguen existindo máis aló do circo electoral, máis aló da mercadoría e da piara. Non somos porcos á espera de ser cebados, contemplar a posibilidade de rematar embutido non entra dentro das aspiracións de Coto do Frade.


Escrito presentado ante a Consellería de Vivenda e Solo

Que ante a presentación do Documento de inicio para avaliación medioambiental estratéxica no cal se recolle a Consulta sobre a necesidadede someter a procedemento de avaliación ambiental estratéxica, conforme a lei 9/2006, de 28 de Abril, Proxecto sectorial do parque empresrial medoambiental de Carballeda de Avia (Ourense), a Asociación Ecoloxista Coto do Frade quere achegar a seguinte valoración sobre o devandito documento, considerando imprescindíbel a regularización de tódolos procedementos sen exclusión, fundamentalmente se asista ó principio de cautela; á protección da saúde das persoas e á utilización racional dos recursos naturais con vistas a fomentar o desenrolo sostíbel.

Valoración do contido:

Consideramos inaceptábel que dentro do contido do proxecto sectorial, Documento nº7, relativo o informe de sostenibilidade ambiental se apunte: “En caso de ser necesaria a evaluación ambiental estratéxica segundo o establecido na lei 9/2006”, entendemos que entre os principios fundamentais dunha infraestructura destas características se inclua o de Precaución, recollido no Resumo inicial do novo Plan de Xestión de Residuos Sólidos Urbanos de Galiza (PXRUG) 2007-2017, do cal se pode derivar que se asume dende a administración a non instalación de ningunha tecnoloxía ou infraestructura de tratamento en tanto non se demostre a súa inocuidade.

Porén, dentro deste resumo inicial para Avaliación ambiental estratéxica, estamos en claro desacordo xa que, de non incluir dentro do mesmo, o informe de Sostenibilidade Ambiental as garantías, de carcter medioambiental e de sáude para as persoas, carecen de fundamentos creíbeis. Publicada no BOE de 29 de Abril de 2006, a lei de avaliación ambiental estratéxica ten por obxectivo promover o desenvolvemento sostíbel, acadar un elevado nivel de protección do medio e contribuir á integración dos aspectos ambientais na preparación e adopción de plans e programas, mediante a realización dunha avaliación medioambiental estratéxica daqueles que poidan ter efectos significativos sobre o medio ambiente. Suposto que, evidentemente, se da neste caso.

Do mesmo xeito queremos facer fincapé na luminosidade necesaria á hora da información, solicitamos a mesma en tempo convinte ás necesidades dos diferentes colectivos, posibilidade real de presentar valoracións ou disyuntivas ós diversos procedementos necesarios. É dicir; información clara e transparente, cumprimento do artigo 10º relativo a consultas da lei 9/2006, de 28 de Abril, o cal transcribe: 2. A efectos desta lei, enténdese por público interesado: b) calquera persoa xurídica sen ánimo de lucro que cumpra os seguintes requisitos. 1- Que teña como fins acreditativos nos seus estatutos, entre outros, a protección do Medioambiente en xeral ou de algúns dos seus elementos en particuar, e que tales fins poidan resultar afectados polo plan ou programa que se trate. 2- Que leve alo menos dous anos legalmente constituida e veña exercendo de modo activo as actividades necesarias para acadar os fins previstos nos seus estatutos. Esta asociación cumpre sobradamente os supostos de carácter legal citados. Directiva 2001/42/CE, 18- Os estados membros garantizan que, cando se adopte un plan ou programa, as autoridades competentes e o público estén informados e teñan acceso á información pertinente.

En Ribadavia a 11 de Xaneiro de 2008

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: