Skip to content

A mentira do Parque “ambiental”

06/10/2008

cartelRevisado o novo plan de Residuos urbáns de Galiza (2007-2017), dende Coto do Frade queremos alertar da intención  por parte da actual administración de implantar, anexo ó parque ambiental, unha planta para o tratamento de residuos solidos urbáns, da cal se deriva a posibilidade máis que feacente de contar en dita instalación con un macrovertedoiro para os rexeitamentos (taboa 42 do plan, situación A).

Do mesmo xeito, o novo plan de residuos recolle a intención de tratar en Carballeda (mapa 22 do plan, situase a planta nesta localidade) a fracción resto así como, a fracción orgánica e envases lixeiros (mapa 23 do plan, situase a planta nesta localidade) sendo diversos os escenarios e chegando a incluir en dous dos mesmos o tratamento dos residuos do sur da provincia de Pontevedra, aparecendo en tódolos escenarios a Provincia de Ourense na súa totalidade.

Dende Coto do Frade queremos denunciar esta situación que pouco ou nada ten que ver co desenrolo sostíbel, o modelo que se tenta impoñer nada ten que ver coas disposicións marcadas por esta asociación,  das cales se deriva a descentralización na xestión dos residuos sólidos urbáns en tódalas súas fraccións  e a implantación de pequenas plantas, onde a eficacia e maior e o impacto medioambiental se reduce de xeito considerable. Neste caso, o impacto sobre o medio e as afeccións derivadas do mesmo condenan á comarca do Ribeiro a un futuro pouco desexable dende tódolos ámbitos (medioambiental, social e de saúde pública dada a cercanía deste macrocomplexo a núcleos poboacionais).

Coto do Frade denuncia a falla total de escrúpulos que amosa a  administración ó tentar impoñer un proxecto cargado de interpretacións confusas e xerador de conflictos veciñais, así mesmo, denunciamos a mentira total e absoluta que envolve todo este proceso, do cal, en diferentes reunións mantidas por esta asociación cos responsables do proxecto (consellería de medioambiente e consellería de vivenda e solo) se nos aseguraba que Carballeda non entraba dentro no novo plan de residuos urbáns de Galiza, e que o mesmo ía enfocado á instalación de empresas só de reciclaxe para residuos industriais non perigosos.

Evidentemente, coñecido o novo plan en período de suxestións, toda a información recollida ata o de agora por esta asociación e derivada desas reunións carece de valor algún, polo que esta asociación se posiciona totalmente en contra deste macroproxecto.

Coto do Frade obedece única e exclusivamente a criterios medioambientais, sendo obxectivo fundamental dos seus plantexamentos a análise seria das diferentes situacións con total independencia (política, económica).

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: