Skip to content

Alegacións ó PXRUG 2007-2017

27/10/2008

Director Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental. Consellería de Medio Ambiente e Desenrolo Sostíbel da Xunta de Galiza

Asociación Ecoloxista Coto do Frade, CIF G-32213456, e con enderezo a efectos de notificación no Apdo. de correos 32, 32400 Ribadavia, Ourense.

Expón:

Que perante o prazo ata 25 de Novembro de 2008, ó abieiro dos artigos 9 da lei 4/2006, do 30 de Xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración Pública Galega e 16 da lei 27/2006, do 18 de Xuño, polo que se regula os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de medio ambiente, previo á emisión por parte da Secretaría Xeral da Consellería de Medio ambiente e Desenvolvemento Sostible do seu informe final á disposición administrativa “Plan de xestión de residuos urbanos de Galicia 2007-2017 e Informe de Sostenibilidade Ambiental, a Asociación Ecoloxista Coto do Frade achega as seguintes Alegacións.

PRIMEIRA, relativa á información

A posibilidade real de presentar valoracións ou disyuntivas ós diversos procedementos no relativo á tramitación, a información clara e transparente como norma básica no funcionamento do ente administrativo en  ningún momento foi atendida en base a Lei 9/2006, de 28 de Abril e a directiva 2001/42/CE.

O modelo para a elaboración do PXRUG non está baseado na participación dende os seus inicios, sendo ademais non considerados os principais axentes afectados (cidadanía, organizacións sociais, grupos ecoloxistas). Esta Asociación foi ignorada de xeito reiterativo  nas súas demandas de información. Dende a declaración de Río inclúese a participación como eixo fundamental para o éxito das políticas ambientais, “ o mellor xeito de tratar as políticas ambientais é coa participación de tódolos cidadáns interesados, así, toda persoa deberá ter un acceso axeitado á información sobre o medio da que dispoñan as autoridades públicas, incluída a información sobre actividades e materiais que teñan perigo nas súas comunidades, así como, a oportunidade  de participar nos procesos de toma de decisións”.

SEGUNDA, relativa ós eixos de actuación

Valoramos a visión preventiva na xestión dos residuos e dacordo coa xerarquía de opcións de tratamento vixentes na UE; reducir a producción de residuos e a súa perigosidade, acadar a recuperación dos materiais existentes, tratamento finalista da fracción restante coas limitacións que impón a directiva de vertedoiros da UE.

Consideramos imposíbel acadar o obxectivo marcado pola UE, cando se ignoran os criterios básicos.  A non xeneración de residuos non debe basearse  só no eixo “Persoas” para transformarse nunha decisión particular de consumo afastada dos ciclos productivos. É convinte un cuarto eixo enfocado ás actividades empresariais.

1. Eixo “ciclos productivos”, proposta:

●         Medidas de regulación para a sobreembalaxe dos productos. Definición de embalaxes mínimas necesarias.

●         Desenvolvemento de taxas que graven a sobreembalaxe así como, ás bolsas dun só uso.

●         Medidas de regulación para os envases.

●         Creación dunha Axencia da reducción e eficiencia, que desenrole labuoras de asesouramento a administracións e empresas para acadar o obxectivo,  “o mellor residuo é o que non se chega a xenerar”, nos sectores productivo, industrial e institucional.

●         Medidas de regulación para os perigosos industriais derivados como urbanos. Definición  dos mesmos e alternativas máis sostíbeis.

●         Establecemento de incentivos económicos ós sistemas de retorno de envases.

●         Eliminación dos materiais que non sexan reutilizábeis ou reciclábeis.

2. Eixo “persoas”, proposta de ampliación:

●         Realización de programas educativos para entidades, escolas e cidadanía en xeral en contra da sobreembalaxe, os envases mixtos e as bolsas dun só uso.

3. Eixo “xestión”, proposta de ampliación:

●         Eliminación de incentivos económ. en favor da incineración.

●         Establecemento de taxas que penalicen tratament. finalistas.

●       Establecemento duns criterios para a ordeación do territorio e o desenvolvemento urbán nos que se considere a capacidade do medio para o tratamento e xestión dos residuos.

4. Eixo “plan de infraestructuras, proposta de ampliación:

●         Establecemento do principio de precaución en canto á tecnoloxías pouco desenroladas ou manifestamente problemáticas (incineración, biometanización).

●         Establecemento do principio de precaución en canto á ubicación de infraestructuras, valoración de alternativas.

●         Aplicación real do principio de proximidade.

TERCEIRA, relativa ós principios e bases xerais do plan

Establecer e desenrolar as directrices nomeadas na segunda alegación eixo “ciclos productivos”. Consideramos imprescindíbel esta actuación para acadar obxectivamente un marco onde a reducción sexa unha finalidade. A prevención e reutilización  carecen de base firme sen a inclusión do eixo proposto. Só existe un modelo sustentábel, aquel onde prime a reducción e a compostaxe da materia orgánica, e onde se elimine a incineración.

●         Non aceptamos un modelo onde se  prioriza e se ampara, vía subvención,  a incineración na planta de SOGAMA.

●         Non aceptamos un modelo onde se prioriza a xestión dos residuos e se planifica o mesmo en base a súa producción, evitando as medidas preventivas como  eixo fundamental que debe rexir as diferentes actuacións.

●         Non se acepta un modelo onde non se teñen en conta os tempos. Como principio sustentábel, as primeiras medidas do plan deben encuadrarse no marco da reducción, unha vez evaluados os resultados será o momento de falar de xestión en infraestructuras, adecuando éstas ós datos derivados desa primeira actuación.

CUARTA, relativa ós obxectivos cuantitativos do plan

●         Reclamamos a eliminación dos obxectivos de valorización enerxética; incineración na planta de SOGAMA polos motivos expostos na terceira alegación.

●         Reclamamos a eliminación dos obxectivos de valorización enerxética; biometación. Os niveis de recuperación en plantas de compostaxe comarcal (vixente na mancomunidade do Barbanza) son semellantes ós de plantas de biometanización (vixente na Coruña- As mariñas) enviando a vertedoiro unha porcentaxe significativamente menor. A tecnoloxía simple que reclamamos nesta proposta obtén un compost de moita mellor calidade  evitando os diversos problemas de funcionamento e seguridade que teñen as plantas de biometanización.

O modelo que defendemos dende o movemento ecoloxista é aplicábel na proposta, a descentralización como base fundamental e a creación de plantas de xestión de dimensións  reducidas e adecuadas á realidade xeográfica e demográfica galega:

→ Principio de proximidade, maior eficacia e transparencia.

→Máis responsabilidade social en canto á xeneración de residuos.

QUINTA, relativa ó modelo de recollida

●         Establecer e desenrolar a proposta “eixo ciclos productivos” polas razóns expostas nas alegacións segunda e terceira.

●         Eliminación do contedor amarelo.  Estamos pagando unha taxa (o punto verde) do 100% dos envases para a súa reciclaxe cando a recuperación é mínima, chegando incluso a ser incinerados unha parte dos mesmos. O contedor amarelo serviu unicamente para lavar a imaxe  das empresas productoras de envases.

●         A recollida porta a porta ofrece mellores niveis de separación e recuperación material, solicitamos a expansión deste modelo ós cascos históricos das cidades e ás áreas rurais de concellos con máis de 10.000 habitantes.

●         Establecer un modelo de catro fraccións: Vidro, papel, materia orgánica fermentábel e resto.

SEXTA, relativa ó modelo elixido para a FORM (Biometanización)

A biometanización, consideramos, unha opción prescindíbel se estamos a falar de xestión da FORM como base para crear un bo compost e non como un instrumento para a xeneración de enerxia (gas metano). Se enfrontamos ambos modelos (biometanización, compostaxe tradicional) resulta moito máis viábel ambientalmente e economicamente o segundo, require de infraestructuras menos custosas e os resultados son máis beneficiosos. A xeneración de enerxía non é reciclaxe, nun marco de xestión sustentábel debe priorizar a recuperación como base fundamental. O producto resultante da biometanización non se pode considerar compost, xa que tolera, a diferencia da compostaxe tradicional, unha porcentaxe maior de impropios que repercute na calidade final do producto, na actualidade, plantas basedas nesta tecnoloxía destiñan a vertedoiro unha fracción importante do mesmo.

O único actor beneficiado da implantación desta tecnoloxía será a empresa encargada da construcción das plantas, cunha tecnoloxía máis complicada e proclive a problemas de seguridade e accidentalidade (Planta de Nostian, Planta de Tudela).

●         Non aceptamos modelos fundamentados na  valorización enerxética en canto supoñan un risco ambiental ou (e) de seguridade añadido (incineración, biometanización) ou (e) restrinxan os conceptos reducción, reutilización, compostaxe.

●         Esiximos que a materia orgánica sexa tratada en plantas de compostaxe convencional dentro dun marco descentralizado.

●         Propoñemos a ampliación do modelo “autocompostaxe”. A súa implantación non pode derivarse só en relación a situacións xeográficas ou de dispersión poboacional, debe instaurarse un modelo que teña en conta tamén outras estructuras (social, económica, demográfica).

SÉPTIMA, relativa á zonificación

Consideramos inaceptábel a zonificación proposta, en diferentes pasaxes do plan se fai referencia á descentralización e o principio de proximidade, a proposta  choca radicalmente con estes conceptos. Non podemos asumir a implantación de centros de tratamento en diferentes lugares de Galiza cando as grandes cidades (Vigo fundamentalmente, Ourense, Lugo, Pontevedra, Ferrol, Compostela) evitan a responsabilidade da xestión dos seus propios residuos, unha situación socialmente inxusta e medioambientalmente insustentábel.

●         Aplicación real do principio de proximidade.

●         Zonificación onde se teñan en conta conceptos estructurais básicos (xeográfico, demográfico, económico, social).

●         Vertedoiro para os rexeitamentos en cada unha das áreas previamente estudadas en base ós puntos anteriormente citados.

OITAVA, relativa á incineración

Non aceptamos baixo ningún concepto o papel que se lle dá á incineración, o obxectivo do plan contempla a incineración do 30%  dos RSUs en 2017.

A incineración dos residuos producen emisións de sustancias que contaminan a atmosfera, o solo e a auga e teñen efectos nocivos para a saúde das persoas. Argumentación ciéntifica (directiva 2000/76/CE, de 4 de Decembro do 2000) máis que relevante para rexeitar este modelo.

●         Argumentación e propostas anteriormente citadas en diferentes alegacións.

NOVENA, relativa ós fluxos de transporte

Ó longo do todo o documento, anexos incluídos, evítase falar de localizacións concretas para as plantas de tratamento, na táboa 42 do plan aparecen os cálculos do consumo no transporte en base a…  qué!

DÉCIMA, relativa ós mapas 22 a 24 do plan

Indícase a situación xeográfica de Carballeda de Avia como centro receptor para o tratamento de RSUs,  en base ós fluxos de consumo no transporte. FORM, resto, envases e mesmo recóllese a posibilidade de contar con vertedoiro propio para os rexeitamentos.

Esta situación é inaceptábel, tal como se plantexa no estudo de viabilidade do “Poligono Ambiental”,  onde se observa con relativa clarividencia a inviabilidade do mesmo para unha infraestructura destas características ( pola cercanía a núcleos poboacionais, pola afectación os recursos hídricos e fontes de abastecemento humano,  polas graves afectacións ante un vertido accidental…).

●         Non se acepta polos argumentos expostos.

●         Non se acepta en base á aplicación do propio plan de residuos, no relevante á política de proximidade e descentralización dos residuos.

●         Non se acepta atendendo ó marco legal vixente, 2006/12/EU do 5 de abril.

●         Non se acepta por abusivo e socialmente inxusto.

●         Non se acepta dentro do marco da responsabilidade civil. Unha poboación determinada non pode baixo ningún concepto asumir o grao da responsabilidade común (provincia de Ourense,  provincia de Pontevedra en diferentes escenarios).

●         Non se acepta unha planta destas características en ningunha das actuacións ou (e) situacións xeográficas que recolle o plan de xeito definitivo (Cerceda, Carballeda de Avia) ou á espera de especificar localizacións concretas (Planta de Lugo).

●         Non se acepta en base ós argumentos e propostas ó PXRUG que presenta esta Asociación.

(Ollar estudo de viabilidade)

DECIMOPRIMEIRA, relativa os orzamentos

Non se describe con relativa clarividencia a parte sustantiva destiñada a prevención e reducción. A estimación que facemos apenas acada o 3% do total, con tódalas reservas, consideramos inaceptábel a mesma.

DECIMOSEGUNDA, relativa á rexeneración de espazos degradados

Non se describen as actuacións previstas para o periodo 2007-2017. A información  se reduce a unha “auditoría” do selado e clausura de vertedoiros (1998-2006).

●         Establecer un mapa do vertido incontrolado en Galiza (Ubicación, características, composición).

●         Aplicación das sancións correspondentes ós infractores.

●         O selado e a clausura de vertedoiros demanda implícito un plan de actuación posterior:

1. Exame do vertido eliminado (caraterísticas)

2. Control (en base ó primeiro punto) dos posíbeis infractores.

3. Vixiancia periódica do espazo (Concellos).

DECIMOTERCEIRA, relativa ós programas de prevención

Non se acepta nin se valora en base á alegación segunda (1).

DECIMOCUARTA, relativa ó informe de sostenibilidade

●         Lei 9/2006 do 28 de Abril.

●         Directiva 2001/42/CE.

●         Directiva 2006/12/CE.

En base ás mesmas reclamamos unha alternativa sustentábel dentro dos obxectivos e no ámbito da aplicación do PXRUG. Alternativa que recolla os preceptos marcados no documento que presenta esta Asociación.

DECIMOQUINTA, relativa ó plan sectorial de infraestructuras (e anexos relacionados).

Priorízase un modelo de xeneración de enerxía eléctrica en detrimento dun compost de calidade (pax 37 do PSI).  En base ó exposto non aceptamos nin valoramos o seu contido.

●         Un modelo descentralizado de compostaxe aerobia (menos custos de fabricación, menos transporte, menos emisións de CO2 …) para acadar un marco de sustentabilidade real (serio, palatino, positivo e tanxíbel).

●         Polas razóns expostas ó longo deste documento.

DECIMOSEXTA, valoración xeral do plan

Ó longo do documento vislumbramos un corta e pega de (literal) “El nuevo programa de gestión de residuos de Catalunya para el periodo 2007-2012”,  Agencia de Ecología Urbana de Barcelona.

●         En canto a xestión: Prioriza un modelo de valorización dos residuos.

●         En canto a  infraestructuras: Non se considera o principio de proximidade  e descentralización.

●         En canto a reducción: Non se plantexa dende a orixe (actividade empresarial).

Ante o exposto, SOLICITAMOS.

Se teña por presentado este escrito, para a revisión do PXRUG 2007-2017 e se atenda en base a unha xestión dos residuos urbáns galegos máis sostíbel e socialmente xusta.

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: