Skip to content

Amantes do lixo 2008

27/12/2008

cartel-xx-encuentro-amantes-de-las-basuras-2008A fin de semán do 5 ó 8 de decembro na localidade de Basuri (Euskal Herria) dous representantes  de Coto do Frade asistiron ás XX Xornadas de Amantes do Lixo. Amantes do Lixo é un grupo de persoas entre os que se atopan ecoloxistas, grupos medioambientais, entidades recuperadoras de economía social, grupos de educación ambiental e particulares, con unha motivación común: “o lixo”, e mostralo coma unha fonte de recursos e coma un ben prezado sempre que se trate dun xeito adecuado. Non vaiades a pensar que por ter esta visión os amantes do lixo tolean producindo toneladas de residuos, mais ben é todo o contrario, as súas premisas son a redución, a reutilización e o reciclaxe, pero conscientes de que o ser humano é produtor de residuos. Nesta xuntanza contáronnos experiencias de grupos recuperadores de electrodomésticos e de roupa, á importancia do compost e da materia orgánica nos solos, as mentiras da valorización enerxética do lixo (as plantas de plasma ou a incineración nas cementeiras), a problemática social ó redor dos residuos,… Nós tamén aportamos as nosas inquedanzas acerca do novo Plan de Residuos Sólidos Urbanos de Galiza e da problemática xurdida na nosa comarca.

  • Conclusións Amantes do Lixo 2008

→Denunciamos o actual modelo baseado no consumo desmesurado dos recursos, que xenera graves impactos ambientais e sociais. Criticamos este modelo de “desenrolo”, voraz e insostíbel, que conduce á exclusión social.

→É necesaria unha política de prevención e reducción en orixe, apoiando políticas de producción limpa e ética.

→Esiximos o cumprimento real da Xerarquía das “tres erres”: reducción, reutilización e reciclaxe, e que sexa trasladada ás leis en debate nestes momentos (transposición da Normativa Marco de Residuos Europea ó Plan Nacional Integrado de Residuos e a revisión da lei de envases e embalaxes).

→Apostamos pola reducción de residuos como principal vía para solucionar o problema dende a raíz.

→Apostamos por un modelo de recollida selectiva alo menos, catro fraccións (materia orgánica, vidro, papel e resto), que garanta o máximo índice de recuperación e reciclaxe.

→Esiximos unha recollida selectiva da materia orgánica ó ser a fracción más importante, separación que ten que acadar unha pureza superior ó 90%.

→Esiximos a titularidade pública na xestión de tódalas fraccións de residuos. É paradigmático o caso da xestión dos envases (Ecoembes), que non cobre o custe total da recollida e tratamento e incluso impón a sua política de “usar e tirar” ás corporacións municipais.

→Reivindicamos tasas fiscais que graven a incineración como solución de “fin de tubería” e tamén o vertido e que este diñeiro se destiñe a incentivar a recuperación real e efectiva.

→As campañas publicitarias non poden sustituir ás campañas de educación ambiental, xa que éstas inciden na prevención e reutilización e son sostidas no tempo dirixíndose a tódolos niveis da sociedade.

→Nos reafirmamos no dereito á información, a transparencia e a participación na xestión dos residuos, como estratexia para aumentar a implicación de tódala sociedade.

→Valoramos como positivo o traballo dos grupos recuperadores de economía solidaria que recolle as fraccións denominadas especiais (voluminosos, RAEEs, roupa etc) porque basean seu modelo na reutilización (venda segunda man), a recuperación dos diversos materiais (superior ó 60 %) e a xeneración de emprego.

→Rexeitamos a incineración en tódalas suas variantes (incineración, plasma, cementeiras…) como modelo de xestión de residuos polo alto custe; antiecolóxico, perxudicial para a saúde pública e porque imposibilita a recollida selectiva da materia orgánica e resto de materiais. Así como una mínima xeneración de emprego.

→Dende “Amantes do Lixo” facemos un chamamento á coordinación dos diferentes movementos sociais (sindicatos, veciñáis, consumidores, ecoloxistas, recuperadores, colectivos de educación ambiental…), co fin de parar os proxectos de incineración e crear un modelo alternativo de xestión baseado na xustiza social (extensíbel a todo o planeta).

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: