Vertedoiros incontrolados no Ribeiro
Na actualidade parte dos residuos que xenera a actividade da construcción rematan no vertido incontrolado, fundamentalmente restos de demolición relacionados coas pequenas obras, ainda que a incidencia da obra civil tamén resulta incuestionábel. A situación se ve agravada cando a falla de medios nos Concellos ou a propia irresponsabilidade dos particulares, ven a colmar esta situación. É máis que habitual atoparse entre os RCD; electrodomésticos, aparellos electrónicos, residuos relacionados coa automoción ou recipentes agroquímicos, entre outros.
Un total de 61 vertedoiros incontrolados, aproximadamente 50 hectáreas de lixo aparecen repartidos pola xeografía do Ribeiro. Unha situación que pouco ou nada ten que ver co desenrolo sostíbel dunha comarca.
.
Os Concellos máis sucios:
Carballeda de Avia, Cenlle, Cortegada, Melón e Avión; albergan o 75% dos contabilizados. Residuos con diferentes graos de perigosidade que por habituais deixaron de chamar a atención entre os propios veciños, sendo en parte, responsábeis desta situación. Polo tanto, consideramos, que a falla de iniciativas para a concienciación dos veciños é a causa fundamental desta incidencia negativa. Teremos en conta que unha parte dos Concellos citados están dotados de servizo de recollida de voluminosos, algo falla cando este servizo parece non ser utilizado e unha parte importante destes residuos aparecen mesturados cos devanditos RCD.
.
A incidencia dos residuos de construcción e demolición (RCD)
Na actividade da construicción xenéranse grandes cantidades de residuos, un 80% son restos cerámicos, áridos e formigón, o 20% restante inclúe asfato, metais, plásticos e madeira. Aparentemente residuos a xestionar na planta de titularidade pública en Leiro, alo menos sobre o papel xa que a realidade distanciase da cordura necesaria, sendo os propios Concellos os que rexeitan esta posibilidade o verter parte dos residuos xenerados na obra civil; beiraruas e alcantarillado aparecen entre os vertedoiros ilegais de Carballeda de Avia, Cortegada, Cenlle, Arnoia e Melón. Con semellante dispendio resulta complexo esixir ós empresarios do sector que cumpran coa lei.
.
Amianto sen control
O amianto foi utilizado, fundamentalmente nos anos 70 e primeira metade dos oitenta, como aislante na construcción, así como nos famosos tellados de uralita. A lexislación vixente impide a súa utilización sendo de obrigado cumprimento un tratamento específico para a súa retirada ou demolición, no caso do Ribeiro esta circunstancia é toreada. Nunha porcentaxe importante dos vertedoiros ilegais contabilizados por esta Asociación, aparece este composto catalogado dende Europa como perigoso e xerador de enfermidades relacionadas co aparato respiratorio.
.
Marco legal
1.Os estados membros da Unión Europea deben prohibir o abandono, o vertido e a eliminación incontrolada dos residuos.
2. Os estados membros deben obrigar ós posuidores de residuos a entregalos en recolectores públicos ou privados ou a unha empresa de xestión, ou ben, a ocuparse eles mesmos da súa eliminación con arranxo ás disposicións que figuran nestas medidas.
Evidentemente, esto non se aplica no Ribeiro.
Os comentarios están pechados.