Skip to content

Residuo mínimo

02/01/2009

pc070074Residuo mínimo é unha campaña da Asociación Ecoloxista Coto do Frade encamiñada a enfocar a problemática dos residuos dende unha perspectiva crítica pero activa. Teremos en conta a nosa responsabilidade ó respecto, inmersos nunha sociedade eminentemente consumista xeneramos cantidades inxentes de residuos, sendo o seu posterior tratamento un problema medioambiental a ter en conta. Como consumidores e usuarios intervimos directamente na degradación do medio, polo tanto, nas nosas mans está mudar os hábitos de consumo  e asumir o compromiso necesario.

  • Criterios ambientais

Os criterios ambientais na nosa compra, ou o chamado consumo ecolóxico, é o aspecto maís importante cara ó consumo responsábel.

-Reducindo o volume da nosa compra

-Discriminando productos que xeneren un maior consumo de recursos naturais

-Sustituindo productos contaminantes por outros naturais e biodegradables

-Evaluando as características do producto, consumir aqueles que conteñan menos embalaxes para evitar xenerar residuos

-Valorando que as empresas fabricantes e distribuidoras procedan da economía social e alternativa

-Utilizando a tua bolsa Eco Lóxica evitando os plásticos

-Creando grupos de consumo responsábel, onde a compra sexa un arma a utilizar en pro da soberanía cidadán.

  • Criterios de aforro

O criterio de aforro é o máis importante a ter en conta en tódolos nosos actos de consumo. No momento de realizar a compra temos que preguntarnos se o consumo que imos realizar vai satisfacer as nosas necesidades, ou polo contrario, simplemente o facemos de maneira compulsiva.

•Para reducir o consumo compre facerse unha serie de preguntas:

¿Necesito o que vou mercar?

¿Quero satisfacer un desexo?

¿Estou elixindo a miña compra ou a publicidade faino por min?

¿Cantos teño xa?

¿Podería pedilo prestado a un amigo ou familiar?

¿Podo pasar sin él?

•Ademáis podes poñer en práctica outro tipo de modelos de consumo máis respectuosos co medio ambiente:

-Compra de segunda man

-Intercambio ou consumo compartido

-Trueque

-Reutilización do producto para outra finalidade

Estas pautas ó alcance de tod@s, poden convertir a tua capacidade de compra nun instrumento de presión ó exercer a liberdade de rexeitar aqueles productos que aparecen baixo criterios de suposta modernidade e que se fundamentan no consumo compulsivo, en demasiadas ociasións, obxectos inútiles que  rematarán no lixo a curto prazo. Pautas de conducta que van a influir nas empresas productoras e nos servizos, en definitiva, procuremos que o mercado se adapte as nosas necesidades e non ó contrario.

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: