Skip to content

Frieira, 14 anos de loita

11/01/2009

anguieiro11A Asociación Ecoloxista “Coto do Frade” traballa dende 1995 , sendo unha das  nosas reivindicacións a  denuncia da lamentable situación, próxima á esterilidade, na que se atopa o río Miño. Consideramos imprescindible un plan de actuación por parte das institucións públicas e privadas que den un xiro radical na súa acción, que verbas como desenrolo sostible formen parte da realidade e non sirvan unicamente como instrumento propagandístico ante unha sociedade apelicada na banalidade. Diferentes focos son a raíz do problema; á contaminación propia das sociedades avanzadas únese o despotismo  da empresa UNIÓN FENOSA, que salvagardada no amparo que proporciona a catalogación de servicio público monopoliza o aproveitamento hidroeléctrico franqueando a legalidade e contribuíndo á desaparición das especies migradoras que tempo atrás dotaron de vida e personalidade ó río Miño.

Ó igual que ocorre no resto da Galiza, a situación lonxe de mellorar, agrávase coa solicitude e posterior concesión de máis aproveitemento hidroeléctrico, poñendo en perigo non só os ecosistemas fluviais afectados, senón tamén as moitas potencialidades económicas vinculadas a actividades como a agricultura de calidade, o turismo rural, deportes de auga, etc. Galiza é excedente na producción de enerxía eléctrica, máis dunha terceira parte da mesma non se consume na nosa terra, sin que represente rendemento de ningún tipo para o conxunto da poboación, nen en calidade de servizos, nen no abaratamento das facturas e moito menos na retribución de beneficios.

Un futuro negro para a última especie migradora do río Miño

As anguías viven gran parte das súas vidas nos ríos, cando acadan a madurede sexual en cauces de auga doce, regresan río abaixo para achegarse ó océano, onde nadan ou se deixan arrastrar polas correntes ata chegar ó mar dos Sargazos. Alí, desoban en augas profundas e a femia produce ata vinte millóns de ovos de flotación libre. Durante esta migración de dous anos e medio non se alimentan e morren logo da freza. Dos ovos nacen unhas larvas transparentes, moi delgadas e con forma de folla, estas larvas son arrastradas polas correntes tardando entre tres e catro anos en acadar o  Miño. Cando chegan á costa o seu  corpo transfórmase morfoloxicamente para converterse en angulas, agolpándose en grandes masas na desembocadura do río para comezar o seu remonte, alimentándose dos fondos ata que se converten en adultas, a inmensa maioría acaban mortas antes de acadar este obxectivo, xa que, o encoro de Frieira, ó non contar con escalas para estes animais, impide o seu desprazamento. Moitas delas son devoradas por outras especies, outras morren esgotadas tentando remontar o encoro, noutros casos a morte chégalles o seren achicharradas polo sol cando abandoan as augas para trepar polos muros das instalacións, moitas outras, simplemente agonizan atrapadas nos diferentes artiluxios existentes. As que menos, unha porcentaxe que podemos calificar de simbólica, conseguen sobrevivir chegando a madurede sexual para voltar ó océano e completar o seu ciclo vital. Cada ano, dende que coto do frade fai un seguimento da especie, dende o 1995, o número de exemplares redúcese de xeito considerábel, podemos garantir que esta especie atópase en perigo de extinción. Si a empresa Union Fenosa segue incumprindo a lei e a Consellería de Medio Ambiente acepta de bo grao esta situación de ilegalidade, os nosos cálculos acadan un máximo dunha decada antes da súa desaparición definitiva.

Cronoloxía:

anguieiro081995: Coto do Frade comeza a realizar un traballo que dotará de personalidade á Asociación. A baixada as comportas do encoro de Frieira marcará o inicio dunha loita que nos leva á actualidade.

anguieiro091996: Unión Fenosa, nun acto de extrema xenerosidade, aporta unha rede e unha grúa. Medioambiente contribúe con tres operarios para colaborar e levarse as anguías a outros ríos de Galiza, coa experiencia dos anos podemos asegurar que tódolos exemplares morreron polo camiño ante a falla de osixenación na auga. Coto do Frade adquire neste ano unha gran repercusión mediática. Comezamos a molestar tanto á Xunta de Galiza como á empresa.

anguieiro07anguieiro121997: Cada ano temos máis dificultades para levar a cabo o traballo, comezan a prohibirnos a baixada ás comportas.

1998: Diferentes escritos solicitando a construcción de escadas anguieiras. Seguimos baixando, máis que reivindicar parecemos colaboradores dos axentes de Medioambiente e da Empresa Unión Fenosa.

1999: Baixamos ás comportas do encoro sen permiso, Unión Fenosa presenta un proxecto para a construcción dunha escada anguieira cofinanciada pola Unión Europea.

fotos-horta-fotos-vacacions-2007-fotosvertedeiros-0492000: Presentación dunha escala tipo teleférico, as denuncias fanse máis latentes, unha estafa que non vai a solucionar o problema, o propio proxecto di que non servirá para as anguías. Baixamos ás comportas do encoro por última vez. Remitimos diferentes escritos de denuncia ante esta tomadura de pelo.

2001: Un grupo de axentes nos impide acceder ó encoro, se nos comunica que os traballos de recollida das anguías está cuberto polos axentes de medioambiente e traballadores de Unión Fenosa, mentira.

resizephp2002: Comeza a construcción do teleférico, o desplegue mediático fala dun modelo innovador que dará solución ó problema das especies migradoras no río Miño. A tomadura frieira-06-023de pelo faise realidade, un teleférico tipo parque temático dos Alpes, xa só fallan os esquiadores. O encoro  e valado alegando cuestións de seguridade, a legalidade volve a ser sorteada, o valado ocupa policia de río restrinxindo o acceso ó mesmo.

compostela-0082003: Coto do Frade comeza a recoller as anguías no capturadeiro do teleférico, unha trampa máis onde centos de exemplares se ven atrapados sen posibilidade de sair, as balsas de auga fotos-horta-fotos-vacacions-2007-fotosvertedeiros-051atrapa ós exemplares e os descensos do caudal provocan a morte de moitos deles por falla de osixeno na auga. Unha riada destrúe parte da maxestuosa instalación, medran os problemas. Colocamos pancartas no  encoro.

fotos-horta-fotos-vacacions-2007-fotosvertedeiros-0502004: Colámonos nas instalacións do encoro para grabar un video no que aparecen milleiros de anguías mortas nas comportas, a raiz da denuncia os axentes do medioambiente póñense a traballar e recollen as anguías. Unión Fenosa presenta un proxecto de aproveitamento hidroeléctrico do caudal ecolóxico do encoro, Coto do Frade presenta alegacións ante o que consideramos o ataque definitivo contra o río Miño. Recollemos anguías dende o capturadeiro.

2005: O teleférico non funciona, as balsas de auga carecen de caudal o que provoca a morte de nove londras que se ven atrapadas nelas, Coto do frade denuncia ante o SEPRONA á Conselleria do Medioambiente e á empresa Unión Fenosa. Unión frieira-06-033Fenosa impide ós membros desta Asociación entrar na instalación, a recollida de anguías no capturadeiro do teleférico faise máis difícil, temos que percorrer 2 km a pe para soltar ós exemplares ó outro lado do encoro.

2006: O proxecto de aproveitamento hidroeléctrico do caudal ecolóxico de Frieira vai para adiante, Coto do Frade presenta denuncia ante esta situación. A vía xudicial esgótase ante a imposibilidade económica da Asociación, ningún estamento público ou privado apoia á Asociación neste proceso xudicial. Outra ilegalidade que sumar, o encoro non conta con escada anguieira que permita a subida e a baixada das especies migradoras, o encoro vai a carecer de caudal ecolóxico. Seguimos frieira-06-020recollendo as anguías dende o capturadeiro.

2007: Coto do Frade denuncia a morte de milleiros de exemplares de anguía na desembocadura do río Avia, o traslado (20 km) dende Frieira que realizan traballadores de Medioambiente remata deste xeito, o motivo, falla de osixenación nos contedores. Comezan as obras na marxe dereita do encoro, o caudal ecolóxico do río Miño pasará por un tubo. O teleférico deixa de funcionar e aparece nun estado de abandono, membros desta Asociación seguimos recollendo os poucos exemplares que chegan para conducilos ó outro lado do encoro (2km).

2008: A Consellería de medio ambiente impídenos (tamén) recoller as anguías no capturadeiro baixo a ameaza de sancións económicas de índole astronómica. Empapelamos o encoro con pancartas, para máis adiante seguir recollendo as anguías sen permiso. As obras da nova central para o aproveitamento do caudal ecolóxico no encoro xa case están rematadas, asistimos a morte do río. O río Miño por un tubo, calquera especie que baixe polo encoro desaparecerá para sempre (embolia gaseosa provocada pola presión a que serán sometidas as especies).

2009: enlace: FENOSA secuestra o río Miño

.

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: