Skip to content

Biometanización ou compostaxe

21/01/2009

Incendio da planta en TudelaA primeira planta de biometanización poñíase en funcionamento no ano 2003 na localidade madrileña de Pinto, dende entonces, a aposta por esta tecnoloxía semella imparábel en todo o estado español. A biometanización é un proceso anaerobio (en ausencia de osíxeno) enfocado á producción de enerxía (gas metano) partindo da materia orgánica (fermentación). A biometanización pode ser unha opción válida, sempre e cando se atenda ó resultado na calidade do compost, nembargantes, na realidade destas plantas, incluso na redacción dos propios proxectos, só semella existir unha finalidade, a creación de enerxía a partir dos residuos urbáns. A aposta definitiva por esta tecnoloxía pecha a porta á compostaxe convencional, moito máis viábel ambiental e economicamente. A biometanización, ó igual que a incineración, implica dispoñer de basura suficiente para poder producir enerxía, deste xeito as políticas enfocadas cara á reducción dos residuos queda nun segundo termo. Economicamente non é rentábel a creación de pequenas plantas para o tratamento comarcal da fracción orgánica mediante este proceso, estamos a falar de empresas privadas (subvencionadas) que buscan beneficio a costa dunha materia prima que lles sae gratis, a maior capacidade maior producción de metano. Si hai lixo hai negocio.

Biometanización ou compostaxe convencional, se enfrontamos ambos modelos resulta moito máis viábel ambiental e economicamente o segundo, require de infraestructuras menos custosas e os resultados son máis beneficiosos. A xeneración de enerxía non é reciclaxe, nun marco de xestión sustentábel debe priorizar a recuperación como base fundamental. O producto resultante da biometanización non se pode considerar compost, xa que tolera, a diferenza da compostaxe tradicional, unha porcentaxe maior de impropios que repercute na calidade final do producto, na actualidade, plantas baseadas nesta tecnoloxía destiñan a vertedoiro unha fracción importante do mesmo. Os únicos actores beneficiados da implantación desta tecnoloxía son as empresas encargadas da construcción das plantas e as xestoras das mesmas, unha tecnoloxía complicada e proclive a problemas de seguridade e accidentalidade (Planta de Nostian, Planta de Tudela). Este tipo de proxectos representan un paso atrás no que debera ser unha xestión sostíbel dos residuos, o actual modelo semella basearse nas grandes inversións en plantas centralizadas (socialmente inxustas) onde priman os intereses dos principais grupos empresariais do sector dos residuos en detrimento dunha correcta recuperación dos mesmos.

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: