Skip to content

A morte do río Maquiáns

29/01/2009

P4260621_01Coto do frade considera, que dende o Concello de Ribadavia asúmese prescindir dunha importante fonte de abastecemento pola calidade das súas augas (río Maquiáns) en beneficio dun proxecto que condea á comarca do Ribeiro  a un futuro nada desexable. O río Maquiáns deixará de abastecer Ribadavia pola implantación do parque ambiental, para transformarse nunha cloaca que mermará a calidade de vida dos veciños, así como, da fauna e flora existentes en todo o tramo que vai dende a futura depuradora do parque “ambiental” ata a área recreativa de “A Veronza”, afectando, por suposto, ás augas do río Avia. Esta descripción, que semella apocalíptica, para nada está baseada na demagoxía, a instalación de infraestructuras desta magnitude leva consigo a destrucción medio ambiental do seu entorno máis inmediato, é máis, a finalidade que se lle supón non acada os mínimos en canto a xestión dos residuos, sendo as pequenas plantas de tratamento as únicas que garanten un correcto funcionamento a tódolos niveis (medioambiental, social e de saúde pública).

Esta asociación denuncia a falla de “lucidez” que amosa o Concello á hora de informar ós veciños (afectados na súa totalidade en diferentes graos) tanto da tramitación administrativa como das propias afeccións derivadas do macroproxecto. Como veciños do Ribeiro, esiximos  información clara e transparente para que os cidadáns teñan a opción democrática de amosar a súa opinión ó respecto e posicionarse conforme as súas espectavivas de futuro (económicas, calidade de vida). Como ecoloxistas non podemos asumir un modelo de xestión de residuos centralizado e socialmente inxusto, disparatado e argumentadamente desastroso.

O Concello de Ribadavia falta á verdade. O PXOM de Ribadavia (Pax. 63, apdo. 5.4.2.3, tomo III) fai referencia ó Parque “Ambiental” de Carballeda como posíbel destiño para os RSUs, apoiándose nos notabeis beneficios en canto ós custos no transporte ó prescindir do traslado a Cerceda (modelo actual). Contradictio in terminis, o concello de Ribadavia apoia a construcción deste macrocomplexo argumentando que non se tratará “nin un só gramo de lixo”, nembargantes, na redacción do PXOM vanaglórianse do asambroso aforro que vai a supor o tratamento dos RSUs locais en Carballeda.

Dende esta Asociación queremos recalcar, así se traslada da analise  feita tanto do PXRUG como do PXOM de Ribadavia (Tomo III), que Carballeda tratará os residuos urbáns de toda a provincia de Ourense, así como, do sur da provincia de Pontevedra.

Coto do Frade, por unha xestión dos residuos descentralizada, socialmente xusta e onde prime un modelo baseado na reducción.

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: