Skip to content

Facendo xabón

02/03/2009

Elaborar xabón a partires do aceite usado é moi sinxelo. O primeiro paso é colar o aceite para que non queden restos sólidos nel.

jabones2Ingredentes:

•1 litro de aceite colado

•1,25 litros de auga.

•100 gramos de sosa caústica.

Cunha sinxela regra de tres podes calcular as tuas medidas en función da cantidade de aceite do que dispoñas.

.

Fabricamos o xabón:

• Mesturamos a auga a temperatura ambente coa sosa e removemos ben. A mestura irá aumentando a temperatura ata os 80ºC. Ten moito coidado con esta disolución, a sosa queima ó contacto coa pel, usa sempre guantes e recipentes metálicos.

• Cando esté ben mesturado, vertemos no recepente metálico no cal temos o aceite tamén a temperatura ambente.

• Remexer ata que todo esté novamente ben mesturado, este proceso pode durar apenas 10 minutos se usamos unha batidora.

• Vertemos en moldes a mestura e deixamos espesar. Para os moldes podes utilizar Bricks vacíos, botellas de aceite, etc.

• Antes de usar o xabón teremos que esperar alo menos un mes para que se produza a reacción de saponificación, pola que toda a mestura se transforma en xabón.

Se o desexas, ó mesturar a auga e a sosa co aceite podes añadir agún tipo de esencia e persoalizar ó teu gusto o aroma do xabón.

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: