Skip to content

Aforrando auga

14/04/2009

p41404271O aforro de auga ten que ser un obxectivo a acadar nos nosos fogares, aínda que o seu custo  económico non sexa moi elevado é unha responsabilidade social que debemos asumir. Nesta ocasión nos trasladamos ó baño para realizar unha sinxela operación que reducirá de xeito considerábel o noso consumo diario de auga. A cisterna do inodoro ten unha capacidade que oscila entre os dez e once litros de auga, a maioría delas non teñen ningún mecanismo de descarga dosificada. A nosa liña de actuación ben marcada polo aforro, polo tanto, evitaremos mercar unha nova cisterna, e incluiremos un sistema para que este aforro sexa efectivo.

O procedemento é tan simple como introducir na cisterna un obxecto con un volume axeitado as nosas esixencias, falamos dunha botella de 2 litros de capacidade chea de auga. Deste xeito diminuimos o volume.

Supondo que levamos a cabo esta operación, a capacidade da cisterna se reduce en dous litros. Se falamos dunha vivenda de tres ou catro persoas estaremos aforrando diariamente uns 24 litros de auga, 8760 litros cada ano, se o multiplicamos por tódolos fogares do Ribeiro a cifra é astronómica. Paga a pena intentalo, non custa nada e o funcionamento da nosa cisterna é exactamente o mesmo.

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: