Skip to content

O expolio en Sta. Marta

15/05/2009

DSCF3593O sendeiro de Sta. Marta (para os amantes do sendeirismo máis coñecido polo PR-G80), pista que percorre a ladeira do monte de Sta. Marta, se pode iniciar xusto enfronte da entrada da única fábrica de cadaleitos que queda en Ribadavia (Ataudes Chao), ou pola zona vella da poboación de Sampaio, xunto ás antenas de telefonía móvil sae unha derivación hacia un mirador que: a máis de 200 metros de altitude, ofrece a mellor vista sobre a desembocadura do Avia no río Miño e a vila de Ribadavia, pero o máis interesante que ofrece este roteiro é a multitude de opcións a descubrir; antiguas minas de wolframio abandoadas (hoxe están parcialmente valadas, que lembranzas cando eramos nenos e nos aburríamos e o “iluminado” de turno, supoño que unha vez vista a película dos Goonies, propuña ir ás minas, mi madriña que tolos estabamos, hai cousas que só fas cando eres neno, si miña nai se entera do que chegamos a facer nese laberinto de covas aínda me doería o sopapo que me dera), ou os restos do antigo convento de franciscanos (que posteriormente se trasladarían a Ribadavia, quedando aquello como unha leprosería), ou o castro castrexo de Sampaio (parece mentira que este na situación que se atopa, devorado pola maleza e as acacias, pero que espectacular, aínda se pode observar o foso e o muro circular de catro metros de altura en todo o seu perímetro), ou o poboado de Fenosa abandoado na poboación de Sta. Cristina, que despois de trinta anos en desuso, aínda se mantén en pe toda a súa estructura (claro exemplo de como chegar a unha cesión con Fenosa para poder revitalizar dita infraestructura morta como albergue, cámping, aula de natureza, vivenda sociais, xeriátrico … etc.

Pero ó que íamos, dito sendeiro foi construido no ano 2004 por un tinglado denominado Mancomunidade Turística Terras do Avia ( que englobaba ós concellos de Ribadavia, Carballiño, Boborás e Leiro), e supuxo unha inversión de 63.000 euros en colocación de dous paneis de madeira cun mapa da ruta, seis postes de piñeiro cun anaco de madeira en forma de frecha da distancia que falta e 31 pivotes de madeira de 50 centímetros marcando o percorrido, e 48 marcas de pintura amarela e branca en rochas e piñeiros (un bote de kilo de pintura máis ou menos), eso si, coa construcción dun miradoiro cun panel explicativo da localización do máis interesante (máis inversións non houbo, as pistas xa estaban feitas). Non nos metemos a valorar si o anteriormente sinalado custa 10.500.000 das antigas pesetas, a crítica desta nova sección é o resultado do tempo (5 anos despois) en dita infraestructura:

-Os dous paneis de madeira están en branco (explícome; o soporte ainda está en pe, pero o contido para o que foi creado levouno o sol, desapareceu, levouno a xiada, o vento, a choiva, o home…) un atópase en fronte da fábrica de cadaleitos e outro en Sampaio.

-Os 6 postes de piñeiro indicadores de distancia, resisten ás inclemencias do tempo, e ós animais de duas patas.

-Dos 21 pivotes de madeira clavados no chan xa so quedan 11 (un 50% menos).

-As 48 marcas de pintura nas pedras e nos árbores se manteñen (as das árbores estiraron un pouco).

-O miradoiro (que debeu ser onde se gastaron os cartos), está nunha situación lamentable con respecto a fai 5 anos, o papel explicativo en forma de mesa que desapareceu, tanto o panel como as patas, é decir, todo. O resto está cheo de pintadas e tonterías típicas amen de inscripcións a navalla da moza de turno, a barandilla fáltanlle a metade dos paus que tiña, e corres un grave risco si te apoias nela, simplemente con tocarlle oscila uns vinte centímetros e o panel de metacrilato indicando o mirador levouno alguén, en definitiva, un desastre.

A valoración de cómo se atopa esta infraestructura para uso e disfrute da natureza despois de 5 anos é doble, por un lado, cando se fai algo, por parte do promotor hai que ter en conta as inclemencias e o paso do tempo, si pos unha foto plástica cun panel nun período pequeño de tempo vaise poñer branca, e o fin para o que foi creado queda inutilizado, (esto é mais fácil de correxir).

Por outro lado está a acción do home, sobre todo a peor e a xente máis nova e a xente máis maior, nestes dous períodos de vida é cando a xente é máis mala, cando eres novo fas maldade inconscientemente (gravar o nome da moza nun miradoiro) pero cando eres maior fas a maldade conscientemente (levas mesas e bancos enteiros con uso de gruas e tractores, amén dun cercado enteiro) claro exemplo na área recreativa creada despois da limpeza do vertedoiro da Laxa de Nova (entre San Esteban e a Franqueirán) onde os veciños de ambas poboacións rivalizaban por ver quen saqueaba máis.

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: