Skip to content

A Peneda; furtivos, Kwh e contaminación

21/07/2009

Coto do Frade ven de presentar un escrito ante a Confederación Hidrográfica Miño-Sil para denunciar os lamentábeis acontecementos que se están a producir no río Arnoia ó seu paso pola Peneda (Concello de Arnoia); por unha banda a existencia de paletos furtivos que están a levarse centos de crías de anguía con total impunidade sen que o Seprona faga absolutamente nada a pesares das denuncias de varios pescadores, noutro sentido, benditos Kwh, se non fora pouco a existenza de dúas centrais eléctricas na zona temos que aturar, de regalo, dúas máis en estado de abandono coas súas respectivas presas que se converten en obstáculos que dificultan o libre tránsito das especies piscícolas, a todo elo, subliñar, que as augas do río non están precisamente no seu mellor momento. Todo un panorama nun espazo natural único no Ribeiro, se fósemos un país medianamente normal en tódolos eidos, democrático e respectuoso co medio natural, o lugar gozaría dunha figura de protección que fixera perdurar no tempo a súa fisonomía. Falamos dun ecosistema ben conservado onde destacan formacións arbóreas de sobreira únicas na Galiza, un río onde abundan os bosques de galería destacando, ó igual que en todo o Ribeiro, o amieiro.

Un pequeno paraíso a 15 minutos da capital do Ribeiro, un esquencido que regurxita sangue a borbotóns agardando a man amiga que o libere da ignorancia, pobres paletos “soplapollas”. Vivimos nunha sociedade podrida, neglixente ante a estupidez, incapaz de sentir a beleza e complacente na autodestrucción, ¿Quén hostia dixo animal dotado de intelixencia?.

P7111416

P7111414.

Á Confederación Hidrográfica Miño-Sil

Asociación Ecoloxista Coto do Frade, CIF G-32213456, e con enderezo a efectos de notificación no Apdo. de correos 32, 32400 Ribadavia, Ourense.

Dende a Asociación Ecoloxista Coto do Frade enviamos a seguinte comunicación co ánimo de amosar a nosa indignación e solicitar que os órganos competentes tomen as medidas que correspondan ante o que, consideramos, un problema endémico nos nosos ríos. Os feitos que apuntamos estanse sucedendo no tramo baixo do río Arnoia, á altura de A Peneda (Concello de Arnoia).

.●   Achegamos a seguinte denuncia que varios pescadores nos trasmitían de xeito oral na pasada semán, e logo de que, en máis dunha ocasión, reclamaran mediante chamada telefónica a presenza dos axentes do Seprona. Os feitos están a producirse na coñecida “Cascada da Peneda”, onde é habitual a chegada de numerosos exemplares de anguía. Denunciamos a presenza na zona de furtivos que, provistos de cordas e redes, están a levarse un importante número de exemplares cativos de anguía (6 a 10 cm), incluso, sempre segundo os pescadores, é habitual que esta actividade ilegal sexa relatada polos furtivos como unha fazaña nos bares da zona. Esta situación vense producindo dende principios de Xuño, lembraremos que o espazo en cuestión  resulta altamente perigoso, un terreo sinuoso de formación rocosa moi vulnerábel, polo que, ante un resbalón a probabilidade de risco para a integridade das persoas é elevado.

Solicitamos

1-      Se comunique desta situación ó Seprona e se actúe en consecuencia conforme á legalidade vixente.

2-      Se coloquen paneis informativos conforme ás sancións pertinentes como elemento disuasorio.

3-      Ampliación da dotación de servizos de policía fluvial (SEPRONA) para conseguir unha maior vixiancia no cauce para por final a estas  prácticas furtivas (extensíbel a tódolos ríos da comarca).

●   Aproveitamos a presente comunicación para alertar da grave situación na que semellan estar as augas do devandito río ó seu paso polo tramo que nos ocupa; augas turbias, grandes cantidades de espuma con unha densidade inusual e numerosos efectos sobre as rochas que semellan aceites con niveis de densidade variábel dependendo dos lugares (maior ou menor incidencia das correntes). Noutro sentido, queremos apuntar tamén, a incidencia negativa que para as especies piscícolas supón a presencia de dúas presas en desuso. Polo que, solicitamos:

1-      Control sobre especies ameazadas, neste caso a anguía, e eliminación de obstáculos artificiais que dificulten o seu libre tránsito (eliminación das duas presas en desuso existentes no lugar).

2-      Control exhaustivo dos nievis de contaminación no río Arnoia e aplicación das medidas correctoras que incumban.

3-      Aplicación da normativa vixente por verquidos (extensíbel a todo o seu curso).

4-      Revisión das autorizacións (no seu caso) provisonais de vertido.

5-      Intensificación do control do funcionamento de depuradoras, na súa orixe industrial e gandeira. Aplicación das sancións (órgano sustantivo)  pertinentes en caso de neglixencia ou-e inexistencia.

6-      Realización de plans de control de vertidos que axuden ós Concellos a vixiar os vertidos que producen as redes de alcantarillado e os sistemas sépticos. Aplicación das sancións (órgano sustantivo)  pertinentes ós Concellos en caso de neglixencia.

7-      Incorporación ós sistemas de depuración de augas residuais a tódolos núcleos de poboación, inclusive aqueles que aparecen diseminados, moi extendidos en todo o curso do río Arnoia.

Sen outro particular e agardando que as nosas demandas sexan atendidas aprovéitase para remitir un cordial saúdo.

En Ribadavia a 21 de Xullo de 2009

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: