Skip to content

FENOSA secuestra o río Miño

07/08/2009

P8061906Como tódolos anos dende que existe esta Asociación, voltamos a Frieira para recoller as anguías que se atopan secuestradas e condeadas a morte no encoro, unha imaxe que se repite logo de 15 anos de traballo pola defensa da especie sen que as administracións fagan absolutamente nada por solventar esta situación,  transformándose en  culpáveis activos dunha ilegalidade manifesta  e consentindo o exterminio da anguía, que lembremos, atópase en perigo de extinción; pola sobreexplotación da pesca industrial (angulas), pola imposibilidade de completar o seu ciclo vital dados os numerosos obstáculos artificiais que atopa neste proceso (minicentrais, grandes encoros).

A construcción dunha nova central no encoro prolonga a desfeita ambiental, lembremos que cando entre en funcionamento, o caudal ecolóxico do río Miño pasará por un tubo, e dicir, calquera especie que pretenda baixar o río será degolada pola turbina ou simplemente, reventará como unha castaña por efecto da presión (embolia gaseosa). A estafa continúa, a morte do río Miño é unha realidade acompañada dun novo lavado de cara, a nova central leva consigo a construcción dunha escada ascensor, as anguías (agardemos) contarán coa posibilidade de subir aínda que a baixada significará a súa morte, engordar para morrer.

.

Eles mesmos o din, aproveitamento do caudal ecolóxico, ilegalidade.

SOCOIN, Ingieniería y Construcción Industrial

CENTRAL HIDRÁULICA DE FRIEIRA CAUDAL ECOLÓGICO
CLIENTE:
UNIÓN FENOSA GENERACIÓN PENINSULAR S.L.
LOCALIZACION: España (Río Miño, Presa de Frieira)

DATOS TÉCNICOS:

TURBINA: 1 Kaplan eje vertical
CAUDAL NOMINAL: 80 m3/s
SALTO NETO: 24,5 m
POTENCIA NOMINAL: 17,5 MW

ALCANCE:
Ingeniería y construcción llave en mano.

FECHA: 2008 en construcción.

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: