Skip to content

O Concello de Ribadavia empeñado en matar ó río Avia

19/08/2009

P7121436Coto do Frade remite un escrito ó Concello de Ribadavia e á Confederación Hidrográfica Miño-Sil esixindo a paralización inmediata dos traballos de desbroce e futura tala de árbores na marxe esquerda do río Avia, fronte á área recreativa de A veronza. Unha autentica loucura tendo en conta a situación na que se atopan os amieiros pola acción dun fungo, posibélmente Phytophthora Alni, altamente destructivo e cunha grande capacidade para propagarse.

.

Escrito

Asociación Ecoloxista Coto do Frade, CIF G-32213456, e con enderezo a efectos de notificación no Apdo. de correos 32, 32400 Ribadavia, Ourense

Escrito que se remite á Confederación Hidrográfica Miño-Sil e a Atención do señor Alcalde de Ribadavia.

Remitimos o presente comunicado para amosar a nosa indignación e repulsa ante, o que consideramos, un atentado de impredecíbeis consecuencias para o ecosistema fluvial do río Avia ó seu paso polo Concello de Ribadavia. Persoal da Escola Taller dependente do propio Concello  está a levar  a cabo na marxe esqueda do río Avia, fronte a área recreativa de A Veronza, unha limpeza e desbroce que incluirá a tala de árbores (Alnus Glutinosa) afectadas ou secas pola plaga que está dañando os ecosistemas fluviais dos ríos Avia e Arenteiro.

Dende Coto do Frade consideramos unha temeridade e unha mostra de ignorancia absoluta plantexarse este tipo de actuacións nunha área afectada pola seca masiva de árbores sen nengún tipo de rigor técnico que avale os traballos, carecendo, tamén, de persoal capacitado para levar a cabo os mesmos, lembremos que os operarios que están desenvolvendo os traballos na zona atópanse en periodo de aprendizaxe. Unha auténtica burrada tendo en conta que estamos ante o problema medio ambiental máis grave da historia do Ribeiro, descoñecendo os propios técnicos da Confederación Hidrográfica Miño-Sil o verdadeiro alcance desta afectación, así como, o desenrolo futuro da mesma.

Coto do Frade leva desenvolvendo un traballo dende o mes de Maio en relación a este problema, en contacto permanente con diferentes laboratorios da Galiza, recollendo mostras en espazos afectados para a súa posterior análise. Os resultados obtidos, a espera dunha segunda mostra que certifique os mesmos, refrendan a presenza do fungo Phytophthora Alni. Os desbroces e posterior tala de árbores afectadas, sen ningún criterio técnico e científico, van a causar efectos altamente perniciosos para o ecosistema fluvial, os propios utensilios de traballo poden transportar as esporas deste fungo e contaxiar a outras árbores que non están afectadas na actualidade así como, a outras especies vulnerábeis á acción do fungo, como os freixos e os cereixos. Tamén, a tala indiscriminada destas árbores pode transportar as esporas polo cauce do río, extendendo así a plaga a outras zonas que, de momento, non están afectadas.

A incidencia deste fungo resulta mortal para as árbores, penetrando polo aparato radicular ata colonizar os vasos conductores. Falamos dun índice de mortandade case total dos exemplares afectados, polo que, calquera actuación que se leve a cabo debe levar implícita a consideración desta circunstancia, de non ser así, estaremos contribuíndo á propagación do mesmo facilitando a morte biolóxica dos ecosistemas fluviais.

Por todo o exposto, SOLICITAMOS:

1- Se paralicen con urxencia os traballos de desbroce e posterior tala de árbores afectadas, e se atenda en base ós argumentos expostos próximas actuacións en todo o curso dos ríos afectados.

2- Se constate por escrito o conseguinte permiso da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, de non existir o mesmo, esiximos que este organismo emprenda as accións legáis pertinentes contra o Concello de Ribadavia.

En Ribadavia a 19 de Agosto de 2009

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: