Skip to content

Ratificamos o exposto

21/08/2009

Coto do Frade quere amosar o seu mal estar polo acontecido nesta última semán, cando remitimos un escrito ó Concello de Ribadavia e á Confederación Hidrográfica Miño-Sil alertando das labouras de limpeza nas beiras do río Avia (fronte a área recreativa de A Veronza). No referido escrito en ningún momento se pon en dúbida a profesionalidade dos técnicos que actúan na zona, así como, as labouras realizadas polos membros da Escola taller.

Polo exposto dende a Asociación apuntamos o seguinte:

.

1- Coto do Frade considera que é un erro monunmental plantexarse unha limpeza nas beiras do Avia e unha futura tala plantexada dende a propia Confederación Hidrográfica Miño-Sil, tendo en conta a situación actual e a incidencia dun fungo que está a matar as árbores de ribeira, polo que, nos remitimos  ó contido do escrito no cal se denuncia esta situación.

.

2- Coto do Frade non pon en dúbida a profesionalidade dos técnicos encargados de xestionar esta laboura de desbroce, en ningún momento se manifesta no referido escrito esta situación.

.
3- Coto do Frade en ningún momento fala de que, na actualidade, os membros da Escola Taller estén talando as árbores. No escrito se apunta a realización desta laboura para un futuro, feito éste recoñecido pola propia Concelleira de Medio Ambiente do Concello de Ribadavia, a cal apuntaba a traveso dos medios de comunicación que se levaría a cabo unha tala e posterior repoboación chegado o Outono.

.
4- Coto do Frade non se fai responsábel da interpretación que algúns medios de comunicación fixeron do escrito, onde o titular na nova falaba de que se estaban talando amieiros na zona referida. Dende a Asociación simplemente se alertaba do impacto das labouras de desbroce e a FUTURA tala das árbores afectadas.

.
5- Coto do Frade, cando fai referencia a falla de rigor técnico, en ningún momento se refire as persoas que están traballando na zona. Falamos de rigor técnico e científico en base ó problema medioambiental provocado polo impacto dun fungo. Os traballos que se están realizando deben fundamentarse na existencia deste problema, cuestión ésta, da cal está informado o Concello de Ribadavia, e non necesariamente, o persoal técnico e os traballadores que actúan na zona.

.
6- Coto do Frade responsabiliza únicamente ó Concello de Ribadavia, que no plan de traballo da Escola Taller (Xardinería) inclúe esta actuación, a todas luces, perniciosa para o ecosistema fluvial.

.
7- Coto do frade ratifica cada argumento expresado no escrito enviado á Confederación Hidrográfica e ó Concello de Ribadavia. Traballamos neste sentido dende o mes de Maio cando alertamos da situación na que se atopan as árbores da zona riparia do río Avia e o impacto que chegará a ter sobre o ecosistema fluvial a perda dos amieiros, en contacto permanente con diferentes laboratorios para identificar o problema, polo que, esiximos que non se actúe nas zonas afectadas ata concretar con esactitude un plan de traballo que salve ó noso río da desertización.

.
8- Coto do Frade obedece única e exclusivamente a criterios medioambientais, a única finalidade é conservar o medio natural do Ribeiro e denunciar os atropelos que padece, por ignorancia, avaricia económica e deixadez. Nunca culpamos nen culparemos ós traballadores (operarios e técnicos), persoal ó que respetamos profundamente e que en nengún momento responsabilizamos desta situación.

A XUNTA DIRECTIVA

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: