Skip to content

Continúa a matanza do río Avia

26/08/2009

P8252048A Confederación Hidrográfica Miño-Sil levou a cabo unha tala de árbores riparias no río Avia, mentres esta Asociación remitía por escrito denunciando a actuación que o Concello de Ribadavia está  perpetrando fronte a área recreativa de A Veronza, traballadores dependentes da Confederación talaban árbores afectadas e secas na localidade de San Cristovo (Ribadavia) e na outra marxe do río en A Quinza. Dende Coto do frade, queremos insistir, que estas actuacións resultan altamente nocivas para o ecosistema fluvial e denunciamos publicamente a neglixencia coa que a Confederación Hidrográfica está a actuar en relación con este tema. Nos resulta incomprensíbel semellante actitude, existen moitas posibilidades de que o fungo que esta provocando esta situación sexa Phytophthora Alni, altamente destructivo e cunha grande capacidade para propagarse. Esta asociación, insistimos, está traballando dende o mes de Maio deste ano, facendo un seguimento das zonas afectadas para comprobar a evolución da enfermidade, tomando mostras de solo, auga e raiz das árbores para a súa análise, remitindo as nosas conclusións a diferentes estamentos públicos mediante escrito, incluída á propia Confederación. Todo un traballo que tanto a Confederación como o propio Concello de Ribadavia parecen ignorar, levando a cabo actuacións que o único que están logrando é que o impacto deste fungo sexa todavía máis demoledor e propagando o mesmo a outras zonas que non están afectadas na actualidade.

P8252052Coto do Frade oponse de xeito radical a calquera tipo de actuación na zona riparia dos ríos afectados (Avia e Arenteiro) mentres non se constate con exactitude a raiz desta seca masiva de árbores (Alnus Glutinosa). Como diciamos, estamos traballando no seguimento e evolución da plaga, concretado en diferentes tramos do río Avia, as conclusións son alarmantes, tendo por presente que as zonas onde o impacto do home e maior a situación resulta calamitosa. Polo que, consideramos, un erro monumental plantexarse actuacións nas zonas afectadas, sexan de desbroce ou tala. Se finalmente se concreta a incidencia do fungo Phytophthora Alni, case con toda seguridade que será así, dicir que este fungo coloniza en primeiro lugar os solos, máis tarde penetra polo aparato radicular da árbore ata colonizar os vasos conductores (unha especie de colesterol que tapona as veas, para entendernos) provocando a súa morte, a práctica totalidade dos exemplares afectados morren nun curto periodo de tempo (visitar, por exemplo, a zona de A Foz en Ribadavia, onde as árbores no seu periodo de floración mostraban un aspecto san, e na actualidade aparecen totalmente secas, sempre referíndonos ós amieiros, que é a especie afectada e que ocupa a práctica totalidade das ribeiras do Avia). Os traballos de desbroce e tala (faga ésta quen a faga) contribúen á propagación do fungo, o simple feito de camiñar por zonas afectadas é un medio de transporte para o mesmo (calzado, rodas vehículos, etc.), tamén os utensilios de traballo se non se someten a esterilización ou desinfección e, por suposto, as podas das árbores afectadas así como a tala das mesmas ó propagar vía aérea ou ben polo propio cauce do río as esporas. Estes datos non son froito da imaxinación dos “FOLLONEIROS” de turno, senón o resultado dun traballo que nace no mes de Maio e logo de asesorarnos convintemente.

P8252049Queremos insistir, están matando o río Avia, as actuacións que se están levando a cabo nas dúas zonas son altamente perniciosas para o ecosistema fluvial. Coto do Frade prestou a súa colaboración por escrito o pasado 4 de Xuño ó Concello de Ribadavia así como á Confederación Hidrográfica Miño-Sil, en nengún momento tiveron a ben poñerse en contacto con nós para traballar, o único que fixeron foi actuar por conta propia ninguneando os argumentos e o traballo que estamos desenvolvendo en contacto con diferentes laboratorios da Galiza. Un problema de impredecíbeis consecuencias, que pode chegar a destruir por completo os ecosistemas fluviais dos ríos afectados (flora e fauna), en definitiva, o río Avia está a ser invadido polas motoserras, sen nengún rigor técnico e científico, provocando a futura desertización riparia do Avia ó seu paso pola vila de Ribadavia.

P8252058

Para máis INRI, as árbores taladas foron depositadas nun espazo que, ata o de agora, non se atopaba afectado pola plaga, a ignorancia é atrevida. Un auténtico escándalo.

Ollar o video, Coto do Frade leva tres meses insistindo neste problema, as mostras xa as tomamos, facemos un seguimento dende entonces. Denunciamos precisamente o que ven a dicir este señor (desinfección da ferramenta, cousa que o Concello de Ribadavia non estaba a facer co consentimento da Confederación) a esto, si ten algo de idea, teñen que sumar as medidas preventivas de eliminación total de calquera poda ou desbroce e por suposto tala ata que non se identifique definitivamente a orixe desta seca. O mesmo  tempo que di isto, a propia confederación arrasa o río Avia en A Quinza, paseando as esporas por todo o curso do río, deixando as árbores taladas xusto debaixo de árbores sans, talando árbores que non estaban mortas, podando árbores afectadas, utilizando os mesmos utensilios de traballo tanto na tala como nas podas  e no desbroce da zona, arrasando coa área riparia do río, como dicía, un puto escándalo que ten que levar a este individuo a presentar a súa dimisión pero xa. Insisto, ¿Quen minte, señor alaclade?. Nós seguiremos batallando guste ou non, de xeito independente e a marxe do sistema, algúns non aceptamos esta estafa nen nos pregamos ante a vosa mentira.

.

ARTIGO RELACIONADO

  1. Pablo Ramil, Director do instituto de Biodiversidade Agraria (Universidade de Compostela. Los expertos que han seguido la evolución del hongo desde que apareció en la Península hace cinco años tienen claro que los desbroces sistemáticos han contribuido a infectar masivamente a unos árboles y condenar definitivamente a los ya afectados, debido a que las esporas se propagaron en las máquinas y los útiles empleados en los trabajos forestales. «Ditas actuacións, consistentes na eliminación dun certo número de pés das árbores presentes e o desbroce sistemático do seu sotobosque, lévanse adiante sen ningún criterio científico-técnico, dándose casos, incluso, de favorecer diversas especies de plantas exóticas, cando non outras de carácter invasor», critican”. O artigo non ten desperdicio, lean toda a nova e logo saquen as súas conclusións, esto é o que están a facerlle o noso río, ¿Quén é o que minte, señor alcalde?

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: