Skip to content

Amianto sen control no Ribeiro

04/09/2009

amiantoConforme ó establecido no Decreto 396/2006 no que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde aplicábeis ós traballos con risco de exposición ó amianto. Unha norma que entraba en vigor o 12 de Outubro de 2006 e que promulga ó obxecto de adaptar as medidas de seguridade vixentes nos cambios introducidos pola  Directiva Europea sobre a materia, Directiva 2003/28/CE.

Coto do Frade quere, no caso de que alguén descoñeza a disposición aprobada en Consello de Ministros polo actual governo socialista, esixir que os traballos de retirada e demolición dos  materiais  que conteñan amianto (tellados de uralita, aislantes en paredes, tuberías) en casas, naves industriais, negocios, etc. sexan realizados por persoal autorizado conforme ó establecido en dita lei. A súa extracción e retirada debe  realizala unha empresa homologada inscrita no R.E.R.A (Rexistro de Empresas con Risco de Amianto), tendo que realizar a xestión do residuo conforme ó establecido no R.D. 396/2006. O paletizado, identificación, transporte e entrega a vertedoiro autorizado dos residuos ten que ser realizada conforme ó establecido na lexislación vixente (lei 10/1998 de residuos, RD 833/88 e RD396/2006).

Polas consideracións expostas axustadas a dereito, dende Coto do Frade, instamos ás institucións públicas (Sanidade, Medio Ambiente) a actuar en consecuencia para non poñer en risco a saúde d@s traballador@s así como a dos propios veciñ@s que habitan as zonas onde se levan a cabo traballos de demolición. Lembremos que o amianto está catalogado como un residuo perigoso e potencialmente canceríxeno, máis, cando nestes casos, falamos de amianto non friable (placas de fibrocemento). O uso deste composto esta terminantemente prohibido dende Xuño do ano 2002 (comercialización, utilización e producción), sendo a súa retirada unha operación que só pode realizar persoal autorizado, traballador@s que sexan formados nas técnicas de actuación fronte a traballos con materiais que conteñan amianto. Os residuos con contido en amianto (cubertas, tuberías, xuntas, materiais de fibrocemento-uralitas, etc) terán que recollerse e transportarse fora do lugar de traballo o antes posíbel, en recipentes apropiados perfectamente selados, que impidan a emisión de fibras de amianto ó ambiente. Estes residuos, insistimos, considerados perigosos, correctamente envasados e etiquetados (R.D 952/1997), serán xestionados dacordo a lexislación vixente (R.D 1406/89 Anexo II) para o seu transporte en camión autorizado a vertedoiro con autorización expresa para a súa recollida.

amianto-en-cuerpoO amianto é un mineral constituido por silicatos complexos de ferro, aluminio, magnesio e sodio, de estructura cristalina que ó ser fracturado ou desmenuzado forma fibras que se separan lonxitudinalmente en filamentos cada vez máis pequenos, podendo estar presentes do orde de billóns delas no aire cando se manipula de xeito irregular. O potencial canceríxeno destas fibras en estado friable como é o caso (materiais que están secos e que poden ser desmenuzados e pulverizados con ferramentas ou ca simple presión das mans) é elevado supondo un alto risco para @s que manipulan este material sen as debidas precaucións e coñecementos. No Ribeiro, esta realidade semella ser obviada, tanto polas empresas do sector da construcción como polos propios Concellos, unha “cagada” máis que sumar ó cachondeo ambiental da nosa comarca, onde a saúde d@s veciñ@s e traballador@s non forma parte do ideario popular.

Video denuncia

Enlaces de interese

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: