Skip to content

Dous incendios arrasan Melón e Avión

29/09/2009

Dende o pasado Domingo estanse a rexistrar sendos incendios forestais nos Concellos de Avión e Melón, afectando este último tamén ó Concello de Carballeda de Avia (Santo Estevo). Incendios provocados, no caso de Melón, o lume que comezaba na parroquia de Sta. María de Quins, membros de Coto do Frade chegamos a contabilizar ata sete focos diferentes sendo afectada unha carballeira próxima á localidade de Santo Estevo. A localidade de Cortegazas en Avión é outro dos puntos onde o monte está ardendo.

Lume1

Unha situación que se repite ano tras ano no Ribeiro, tendo unha incidencia destacábel nos Concellos de Avión, Carballeda de Avia e Melón, onde resulta case imposíbel atopar un bosque en condicións dignas.

Sentimos vergoña por ter nacido nesta terra, sentimos vergoña polos asasinos do medio natural, sentimos vergoña polo silenzo cómplice dos veciños.

P9292402P9292405

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: