O río Avia seco mentres Albarellos rebosa
Gas Natural-Unión Fenosa segue asasinando o noso río, a media de auga embalsada en Albarellos nos últimos dez anos por estas datas é de 31 Hm3, hoxe esa cifra é doblada sen que nengún Concello por onde descurren as augas do río Avia diga nada, sen que a Confederación “Hidroeléctrica” Miño-Sil diga nada, sen que a Consellería do Medio Ambiente e outras lerias diga nada, sen que a Consellería do Medio Rural diga nada. Silencio absoluto mentres os datos claman o ceo, mentres o río agoniza, mentres a área riparia segue ameazada, mentres o Jacinto de auga ou Eichhornia crassipes (especie invasora de orixe tropical) está tomando a charca (antes río) Avia. Todo un espectáculo, dantesco por momentos e insultante as 24 horas do día. Por certo, hoxe, tamén hay fútbol.
Os datos da empresa
Os comentarios están pechados.