Skip to content

Outro día sen o noso río

02/10/2009

P9232383Coto do Frade quere recalcar que están exterminando a vida no río Avia e lamenta profundamente a actitude neglixente da administración galega e estatal, que nun claro exercicio de servilismo turbador adopta o silenzo como resposta, a calada como exercicio de cobardía ante os verdadeiros amos da cunca Miño-Sil, hidroeléctricas varias que campan as súas anchas e habitan as institucións. Unha situación que consideramos inaceptábel, un atentado contra o medio natural de consecuencias nefastas para a flora e a fauna, mantendo un caudal ridículo que apenas consegue mover o río, estamos ante unha charca apodrecida, vencida e abandoada ata a estenuación.

O río Avia precisa de tod@s, da sociedade en xeral, de persoas que amen a súa terra actuando en consecuencia, de toneladas de dignidade ante o atropelo sistemático do terrorismo empresarial. Quedar impasíbeis significa pregarse ó poder, involucionar como sociedade, sacrificar o noso dereito a expresarnos, en definitiva, ser vulgar e inoperante. O Ribeiro ten que respostar á inxustiza, o río perténcenos a tod@s e todo@s temos que loitar pola súa pervivenza, o contrario sería darlle a razón a quen nunca a tivo, a quen só busca o seu propio interese, a quen amosa a súa incapacidade vital soterrado na frialdade dunha sucia conta bancaria.

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: