Skip to content

Comeza a chover

05/10/2009

Chegou a choiva, o río Avia comeza a camiñar “de mala maneira”. Unha vez máis teñen que ser as condicións meteorolóxicas as que “resolvan” os desmáns dunha especie que se autodenomina intelixente, nembargantes o mal xa está feito, as consecuencias nefastas das actuacións realizadas ó longo deste verán na área riparia do río Avia non fixo máis que extender a plaga dos amieiros a zonas que, no comezo de verán, non estaban afectadas, os Concellos de Leiro e  Ribadavia así como a propia Confederación Hidrográfica Miño-Sil remataron perxudicando á cadea trófica, desbroces e talas indiscriminadas que o único que conseguen e rachar o ecosistema fluvial, un enfermo coas defensas baixas inoperante ante a enfermidade. A esta situación sumar a seca do río provocada pola empresa Gas Natural-Fenosa, que, o amparo do governo da Galiza e do estado español, someteron a unha situación de estrés ecolóxico ó bosque ripario, convertendo a éste, en vulnerábel ante o ataque do fungo Phytophthora Alni.

PA042421PA042414

O Ribeiro está sometido a unha auténtica dictadura, Gas Natural-Fenosa avasalla a unha poboación que vive de costas ó noso río, que ignora as consecuencias e non amosa preocupación algunha, unha sociedade intelectualmente morta, emocionalmente insensíbel e apática na resposta. Con semellantes retais a deriva esta garantida, pretender facer un bo traxe resulta unha utopía, camiño aberto ós dictadores que campan as súas anchas con total impunidade, sabedores que o galegiño medio é sadomasoquista licenciado en choiva dorada.

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: