Skip to content

O noso río de volta ó camiño

07/10/2009

Non gracias a Gas Natural-Fenosa que mantén o encoro de Albarellos nunha situación próxima  ó desbordamento mentres pretende secar o noso río, moito menos as institucións galega e española, que nun claro exercicio de servilismo patético aparecen encamados cos patróns do sector . Unha vez maís, teremos que dar grazas á natureza, as condicións meteorolóxicas que agasallaron @s habitantes desta comarca cunha morea de auga capaz de recuperar o caudal mínimo necesario para o mantemento do triturado e ignorado ecosistema fluvial do río Avia. Os afluentes, principalmente o río Arenteiro, dotaba de auga ó  Avia para facernos “esquencer” a miseria da dictadura empresarial ó amparo dun sistema infecto que se alonxa do democraticamente soportábel.

PA072446PA072443

Pero non todo ía ser perfecto, os verquidos sistemáticos de augas residuais que manteñen ó río Carras (O Carballiño) en estado de putrefacción permanente, tamén se presentaron en forma de abondosa espuma para lembrarnos que, a natureza non pode esconder tódalas nosas miserias, que sempre teremos que aturar a desidia política (microcefalia intelectual), que por máis agasallos sempre terá que quedar en pé a rebeldía, a negación ante os ilustres botarates e chupatintas que habitan as institucións.

enlace NATURARIBEIRO… NON ESTAMOS DISPOSTOS A PERDER A NOSA RIQUEZA, só os ignorantes poden prescindir da beleza, só aqueles mortos de sentimento agochan a mirada. Defende o teu río, a túa cultura, a nosa identidade, ármate de sensibilidade e dilles que non estás disposto a consentir. Que nos burlamos das súas odiosas mentiras, que nos cagamos en “su puto dinero”.

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: