Skip to content

Perigo, Plano de residuos 2010-2020

09/10/2009

O Documento de Inicio do novo Plano de Residuos 2010-2020, que ven a eliminar a redacción do modelo proposto para o periodo 2007-2017 do anterior governo, significa un novo paso atrás na xestión e fundamenta, unha vez máis, o mesmo, na creación de infraestructuras como eixo fundamental. A valorización enerxética fica como elemento primordial da xestión, modelo que pouco ou nada ten que ver coa reciclaxe, o documento ven a ratificar o modelo SOGAMA e implicitamente consolida o proceso de incineración como base fundamental para a eliminación dos residuos.

.

4a7663e3367ecEn todo o Documento evítase facer referencia explícita á prevención como eixo fundamental que debe rexir un modelo sustentábel; retorno de envases, reducción de embalaxes, eliminación de elementos condeados a tratamentos finalistas, etc. Coto do Frade considera fundamental este apartado, o mellor residuo é aquel que nunca se chega a producir, liña fundamental que recolle a directiva europea de residuos 2008/98 e que ratifica os plantexamentos ecoloxistas; prevención-reutilización-reciclaxe-valorización-eliminación. Ó igual que o modelo proposto polo anterior governo, prima o negocio como base fundamental en todo o documento, un negocio perverso e mafioso que levou á planta de SOGAMA a quebra funcional, eso sí, o negocio que pagamos tódolos cidadáns segue a revertir en cuantiosos beneficios para os principais actores que participan no chiringuito; Fenosa, como non podía ser doutro xeito, xestiona o 49% do negocio de SOGAMA.

20050621concentracion_sogama_compostela01_590

.

Falar dun modelo aceptábel para o movemento ecoloxista e para a sociedade en xeral, significa aceptar como precepto elemental a xustiza social como elemento regulador no tratamento de residuos, dende Coto do frade non asumimos a implantación doutra planta como a de SOGAMA en ningunha ubicación que a redacción definitiva do plano contemple, demostrada a súa ineficacia o único camiño sería o peche definitivo. Un modelo centralizado, como recolle implicitamente o documento, significará a creación dun gran centro de tratamento para a zona sur de Galiza, on ben, menos probável, un incremento da capacidade na planta de Cerceda. Esto significa que as políticas de proximidade quedan restrinxidas ós puntos limpos, e que unha poboación determinada sufrirá, ó igual que se denunciaba cando o Parque Ambiental de Carballeda, o padecemento que supón a destrucción ambiental, social e cultural das súas terras, un modelo totalmente inxusto e argumentadamente desastroso. A xestión dos residuos ten que ser descentralizada, onde cada quen se faga responsábel dos residuos que xerena, onde se implante un modelo funcional que abarque a un máximo de 40.000 habitantes/planta, o resto, un fraude social, sexa no Ribeiro ou na demarcación terrestre maís alonxada, nas antípodas.

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: