Skip to content

A FEG presenta alegacións ó Plano de residuos 2010-2020

12/10/2009

Os colectivos integrantes da FEG, da que forma parte Coto do Frade e outras dezaseis organizacións do territorio galego, vimos de presentar alegacións ó documento de inicio do novo Plano de residuos 2010-2020. Un documento moi xeral que considera explícitamente a consolidación dos conceptos de valorización enerxética, é dicir, incineración. Do mesmo xeito evítase tratar a comarcalización na xestión dos residuos, o que dende Coto do Frade consideramos unha aposta clara polo modelo fracasado de SOGAMA, ben sexa mediante ampliación da planta de Cerceda, ou ben, a creación dunha planta de semellantes características para o sur da Galiza. As alegacións presentadas van encamiñadas a corrección do devandito Documento, os plantexamentos dos colectivos integrantes da FEG, agardamos, se teñan en consideración á hora da elaboración definitiva do plan.

t_vaca_129Coto do frade segue a contemplar a posibilidade necesaria dun gran acordo entre as forzas con representación no parlamentiño galego, unha necesidade de pacto entre as tres forzas políticas, deste xeito, alo menos, aforraremos un morea de cartos no caso de que nas proximas eleccións cambie o governo e se lle ocorra plantexar un novo Plano de Residuos e volta a empezar, tal vez para entonces xa falaremos do novo Plano de Residuos 2014-2024. Un pouquiño de seriedade e respeto polos cartiños do sufrido contribuinte, “sus señorías”.

Alegacions ecoloxistas PLANO RESIDUOS 2010-20.pdf Alegacións PXRSUG 2010-2020 (61 KB)

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: