Skip to content

O encoro de Albarellos “se sale”

13/10/2009

PA072451Unha curiosidade que nos debería levar a reflexionar sobre a necesidade de aturar un encoro e unha empresa que vulnera os caudais ecolóxicos, que mantén ó río Avia seco durante todo o verán, e de momento tamén no Outono, que non ten escada de peixes. Que se mantén na ilegalidade vulnerando as leis mentres as diferentes administracións miran cara outro lado; Ley de Aguas de 1985 (modificada en 2001), Directiva 92/43/CE e Directiva Marco de Aguas (Directiva 2000/60/CE). Ademáis de todo isto, xoga coa nosa seguridade mantendo uns niveis de auga embalsada que supera tódolos límtes para esta época do ano, incluso superando os niveis por estas datas que tiña no ano 1999, (Dia 14 Outubro 1999, 58 Hm3. Día,  14 Outubro 2009, 62 hm3), cando logo dun prolongado período sen soltar auga remataron por inundarnos.

O encoro de Albarellos é unha bomba para O Ribeiro, a estructura de bóveda só pode evacuar auga de xeito efectivo unha vez acada o 80% da súa capacidade, cando o nivel acada as comportas, unha vez producida esta situación a inundación está garantida. O resto do caudal é enviado pola turbina, cando se deixa de turbinar polas razóns que sexa, como é o caso deste ano que levan dende o mes de Maio sen soltar auga, o encoro carece da posibilidade de desaloxar cantidades importantes antes de acadar a cota das comportas (258 metros de lonxitude coronaria). Polo tanto, ante unha situación de emerxencia meteorolóxica o encoro na actualidade non ten capacidade para tomar medidas preventivas axeitadas, non ten capacidade para regular o caudal do río Avia ante previsións meteorolóxicas adversas.

Neste ano 2009, o encoro está moi por riba dos niveis medios dos dez últimos anos, superando nun 120% a cantidade de auga embalsada, un escándalo que pode chegar a transformarse nun problema grave de seguridade. A táboa que amosamos a continuación foi publicada o pasado 6 de Outubro e refírese ós niveis de auga embalsada da semana anterior a esta data, aínda non están recollidos os datos logo das choivas dos días 6 e 7 de Outubro, días en que as cantidades de precipitacións foron máis importantes.

(A táboa actualízase automaticamente tódalas semáns, polo que os datos que amosa poden xa, non coincidir co texto, cando se apunta esta situación coincide coa data da publicación do artigo)

A táboa que amosamos agora, datos da Confederación Hidrográfica do Norte (agora Miño-Sil), amosa a situación do encoro cando nos inundaron (táboa. período Outubro 1999-Setembro 2000), o ano seguinte ocurre outro episodio de inundacións achacábel, nese caso, ás condicións meteorolóxicas e á imposibilidade de que esta instalación poida tomar medidas de prevención ante alertas meteorolóxicas. Como se pode comprobar, tamén mantiveron o encoro pechado a cal e canto ata o día 21 de Outubro, sendo os niveis de auga embalsada de 63 Hm3, na actualidade estamos nuns niveis de 62 Hm3 (sen contar as precipitacións rexistradas os días 6 e 7 de Outubro). Como amosa a táboa, o día 24 de Outubro a empresa nos inunda cando acada o nivel de 73 hm3 logo dun episodio meteorolóxico adverso, acadando a cota das comportas solta 90 m3/seg, ó día seguinte 74 m3/seg. Se o Outono ven chivioso voltaremos a pasar por esta mesma situación. Que vergoña…

DÍA RESERVA (Hm3) SALIDA (m3/s) TIP
01/10/1999 51,343 0,000 1
02/10/1999 52,254 0,000 1
03/10/1999 53,083 0,000 1
04/10/1999 53,828 0,000
05/10/1999 54,438 0,000 1
06/10/1999 55,054 0,000 1
07/10/1999 55,578 0,000 1
08/10/1999 56,155 0,000 1
09/10/1999 56,638 0,000 1
10/10/1999 57,027 0,000 1
11/10/1999 57,516 0,000 1
12/10/1999 57,909 0,000 1
13/10/1999 58,304 0,000 1
14/10/1999 58,701 0,000 1
15/10/1999 59,050 0,000 1
16/10/1999 59,450 0,000 1
17/10/1999 49,360 0,000 1
18/10/1999 60,156 0,000 1
19/10/1999 60,536 0,000 1
20/10/1999 62,049 0,000 1
21/10/1999 63,614 0,000 1
22/10/1999 67,486 7,662 1
23/10/1999 73,080 45,718 1
24/10/1999 73,254 90,718 1
25/10/1999 72,790 74,664 1
26/10/1999 72,097 57,558 1
27/10/1999 70,158 46,586 1
28/10/1999 68,368 46,933

1

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: