Skip to content

Estatutos

23/10/2009

CAPÍTULO I

DA ASOCIACIÓN EN XERAL

Artigo 1º

1.-Procédese a adapta-los estatutos da asociación denominada ASOCIACIÓN ECOLOXISTA COTO DO FRADE”,  con nº de inscripción no Rexistro provincial  de asociacións sen ánimo  de lucro 1.665/s-1 e CIF  32213456-G.

2.-A asociación rexerase polos devanditos estatutos, pola Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociacións e pola demais lexislación existente en materia de asociacións que lle sexa aplicable.

Artigo 2º.- O domicilio principal e permanente da asociación radicará na localidade de Ribadavia rúa Praza Maior, s/n, C.P 32400, apto. de  correos 23, correo electrónico WWW Cotodofrade. Org.

Poderase utilizar outros locais asociativos adicionais noutras cidades, mediante acordo da Xunta Directiva, que terá atribucións para cambiar, tanto o domicilio como os locais, dando conta do seu acordo ó organismo encargado do Rexistro de Asociacóns.

Artigo3º.-A asociación en funcións dos seus fins e do emprazamento do seu domicilio social, exercerá fundamentalmente as súas actividades no ámbito territorial da Bisbarra do Ribeiro (Concellos de Ribadavia, Melón, Carballeda, Arnoia, Beade, Cenlle, Castrelo de Miño, Avión, Cortegada, Leiro)

Artigo 4º.

1.- A asociación constitúese por tempo indefinido e só se disolverá, conforme a estes estatutos, pola vontade dos asociados expresada en Asamblea Xeral Extraordinaria ou polas causas previstas na lexislación vixente.

2.- A asociación rexerase segundo os principios democráticos contidos no marco da Constitución e o resto do ordenamento xurídico.

Artigo 5º.

1.- Son fins da asociación:

  1. Promover accións medioambientais
  2. Promover a participación da poboación
  3. Promover a concienciación da poboación
  4. Impulsar a repoboación piscícola no Ribeiro

2.- Para levar a cabo os eus fins, poderá a asociación organiza-las seguintes actividades:

  1. Campañas informativas (revista anual, programa radio, dípticos, etc.)
  2. Traballos de campo
  3. Talleres medioambientais
  4. Oirgasnizacións de eventos culturais relacionados co medio natural.

Os beneficios que se obteñan por calquera concepto destinaranse exclusivamente ó cumprimento destes fins, sen que se poidan repartir entre os asociados nin outras personas físicas ou xurídicas con interese lucrativo.

CAPÍTULO II

DOS ASOCIADOS

Artigo 6º.

1.- Poderán  ser integrantes da asociación todas aquelas persoas físicas, con plena capacidade de obrar e as personas xurídicas tralo acordo do seu órgano competente, que non teñan débedas pendentes coa asociación ou que reunan os seguintes requisitos:

  1. Conciencia medioambiental
  2. Que non fose condeado baixo sentencia firme por delito medioambiental

2.- Poderán ser integrantes da asociación na súa sección  infantil, os nenos menores non emancipados de máis de 14 anos co consentimento, documentalmente acreditado, das persoas que deban supli-la súa capacidade.

3.- Os acordos de admisión de asociados/as tomaraos a Xunta Directiva, unha vez recibida a petición por escrito da persoa que desexa ser admitida.

Artigo 7º.- Dentro da asociación poderán existi-las seguintes clases de asosiados:

a)      Fundadores, aquelas persoas que subscribiron a acta fundacional.

b)      Numerarios, aquelas persoas que ingresaron con posterioridade á subscripción da acta fundacional.

c)      Honorarios, aquelas persoas que, a xuízo da Asamblea Xeral, axuden de xeito notable ó desenvolvemento dos fins da asociación.

d)     Infantís, aquelas persoas menores de 18 anos que participen na  asociación, que estarán integradas na sección  infantil, no seu caso.

Artigo 8º.

1.- A condición de asociado pérdese:

a)      Por vontade propia.

b)      Por falta de pago de 4 cotas.

c)      Por incumprimento das súas obrigas ou realización de accións que perxudiquen gravemente ós intereses da Asociación, previo expediente disciplinario, con audiencia do interesado.

d)     Por falecemento da persoa física ou extinción da persoa xurídica.

2.- A expulsión de asociados/as nos supostos dos apartados b)  e C) do parrafo anterior, será acordada pola Xunta Directiva, logo da audiencia do interesado. O acordo de expulsión deberá ser ratificado pola Asamblea Xeral Extraordinaria e contra a súa resolución poderase recorrer ante a xurisdición ordinaria.

Artigo 9º.- Os asociados teñen os seguintes dereitos:

1.-Participar nas actividades da asociación e nos órganos de goberno e representación, exerce-lo dereito de voto, así como asistir á Asamblea Xeral, de acordo cos estatutos.

2.- Ser informado da composición dos órganos de goberno e representación da asociación, do seu estado de contas e do desenvolvemento da súa actividade.

3.- Ser oido con carácter  previo á adopción de medidas disciplinarias contra el e ser informado dos feitos que dean lugar ás ditas medidas, debendo motivarse o acordo que, no seu caso, impoña a sanción.

4.- Impugna-los acordos dos órganos da asociación que estime contrarios á lei ou os estatutos.

Os asociados honorarios e infantís non intervirán  na dirección da asociación nin nos órganos de representación dela, pero están facultados para asistir ás asambleas xerais con voz, pero sen voto.

Artigo 10º. –Son obrigas dos asociados/as:

    1. Comparti-las finalidades da asociación e colaborar para a sua consecución.
    2. Paga-las cuotas que se establezan.
    3. Desempeña-los cargos para os que foron elexidos.
    4. Acatar e cumpli-los acordos validamente adoptados polos órganos de goberno e representación da asociación.
    5. Acata-lo contido dos estatutos.
    6. Ter unha boa conducta individual e cívica.

CAPÍTULO III

DOS ÓRGANOS DA ASOCIACIÓN

Artigo 11º.- A dirección e administración da asociación serán exercidas  polo Presidente, a xunta directiva e a Asamblea Xeral.

Artigo 12º.

  1. – O Presidente será designado pola Asamblea Xeral entre os Asociados e o seu mandato durará 1 ano. Será asistido por un Vicepresidente, que o sustituirá nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade.
  1. – O Presidente terá as seguintes atribucións:
    1. Representa-la asociación diante de calquera organismo público ou privado.
    2. Convocar e presidi-las sesións que celebre a Xunta Directiva; presidi-las sesións da Asamblea Xeral; dirixi-las deliberacións dunha e outra, decidindo con voto de calidade en caso de empate.
    3. Executa-los acordos adoptados pola Xunta Directiva e a Asamblea Xeral.
    4. Ordena-los pagamentos acordados validamente.
    5. Asina-las actas, certificados, pagos e outros documentos da Asociación xunto co secretario ou membro da Xunta Directiva a quen lle corresponda a elaboración do documento que se trate.

Artigo 13º.

  1. A Xunta Directiva estará formado polo Presidente da Asociación, un Vicepresidente, un Secretario, un Tesoreiro, un Portavoz e 10 vocais.
  1. Os cargos que compoñen a Xunta Directiva serán desempeñados de forma gratuita, sen prexuicio do dereito a ser reembolsados dos gastos debidamente xustificados en que poidan incorrer por actuacións relacionadas coa Asociación. As persoas elixidas para estes cargos deberán carecer de interese económico nos resultados da actividade levada a cabo pola Asociación.
  2. A Asamblea Xeral será a competente para elexi-los cargos da Xunta Directiva. A sua duración será por un periodo de 1 ano, ainda que poden ser obxeto de reelección  indefinidamente.
  3. Os cargos cesarán na sua función por:
    1. Falecemento da persoa física ou extinción da persoa xurídica
    2. Renuncia voluntaria
    3. Transcurso do prazo para o que foron elexidos
    4. Acordo de cesamento de toda a Xunta Directiva adoptado por ¾ partes dos asociados reunidos en Asamblea Xeral Extraordinaria convocada para tal efecto.

A renuncia e o trascurso do prazo non dan lugar ó cese automático, senón que se deberá facer un efectivo traspaso de poderes con entrega de documentación e posta ó día do sucesor.

As vacantes que se puideran producir durante o mandato de calquera dos membros da Xunta Directiva, serán cubertas provisionalmente entre os ditos membros ata a elección definitiva pola Asamblea Xeral. En calquera caso, a Xunta Directiva  debe estar integrada como mínimo por 3 persoas, que exercerán as funcións de presidente, secretario e tesoreiro.

Artigo 14º. –A xunta Directiva terá as seguintes atribucións:

  1. progamar e dirixi-las actividades asociativas.
  2. Leva-la xestión administrativa e económica da asociación.
  3. Someter a aprobación da Asamblea Xeral o orzamento anual de ingresos e gastos, así como o estado de contas do ano anterior.
  4. Cponvocar e fixa-la data da Asamblea Xeral.
  5. Propoñer á Asamblea Xeral a fixación de cotas ordinarias e extraordinarias para os asociados.
  6. Designa-las comisións de traballo ou seccións que se estimen oportunas para o bo funcionamento da asociación.
  7. Ditar normas interiores de organización e exercer cantas funcións non estean expresamente asignadas á Asamblea Xeral.
  8. Resolver sobre as solicitudes de ingreso de novos socios.
  9. Propoñe-lo plan de actividades da asociación á Asamblea Xeral para a súa aprobación, impulsando e dirixindo as súas tarefas.
  10. Resolve-los procedementos disciplinarios que se instrúan.
  11. Aquelas que non veñan atribuídas expresamente á outro órgano da asociación.

Artigo 15º.

  1. A Xunta Directiva será convocada polo Presidente, a iniciativa propia ou a petición de calquera dos seus compoñentes.
  1. Para que os caordos da Xunta Directiva sexan válidos, deberán ser adoptados pola maioría de votos dos asistentes, sendo necesaria a concurrencia, polo menos, da metade máis un dos seus membros e, en todo caso, do presidente ou vicepresidente e o secretario ou persoa que o sustitúa.

O secretario ou, no seu defecto, o vocal que o substitúa, levantará acta das sesións, que se transcribirá o libro de actas.

Artigo 16º. –Os membros da Xunta Directiva presidirán as comisións que a propia Xunta Directiva acorde constituir, co fin de delegar nelas a preparación de determinados actos ou actividades, ou de acadar delas as informacións necesarias. Formarán parte das ditas comisións o número de asociados que acorde a Xunta Directiva, a proposta dos seus respectivos presidentes.

Artigo 17º. –A Asamble Xeral de asociados/as  é o órgano de expresión da vontade da asociación e estará formada por todolos integrantes da mesma. O presidente e o secretario da asamblea serán tamén o presidente e secretario da Xunta Directuiva.

Artigo 18º. –A Asamblea Xeral reunirase con carácter ordinario como mínimo unha vez o ano, e con carácter extraordinario cantas veces o acorde a Xunta Directiva, ou o soliciten o 10% dos socios. Neste último caso realizarase por medio de escrito dirixido o Presidente, autorizado coas firmas dos solicitantes, no que se expoña o motivo da convocatoria e a orde do día.

Artigo 19º.- A Asamble Xeral Ordinaria reunirase necesariamente no periodo que vai desde o mes de Abril o mes de Maio sendo convocada ano a ano. Tanto a Asamblea Ordinaria como >Extraordinaria serán convocadas con 15 días de antelación polo/a presidente/a da Xunta Directiva.

A notificación farase, tanto as ordinarias como as extraordinarias, mediante un escrito nos domicilios dos asociados.

Artigo 20º. – Serán competencias da Asamblea Xeral Ordinaria:

  1. Aproba-lo plan de actividades.
  2. Examinar e aproba-las contas e balances do exrcicio anterior.
  3. Aproba-los presuostos de ingresos e gastos para cada exercicio.
  4. Exame e aprobación das contas.

Artigo 21º.- Serán competencias da Asamblea Xeral Extraordinaria:

  1. Modifica-los estatutos da asociación.
  2. Elixir e cesa-los membros integrantes da Xunta Directiva.
  3. Aproba-la federación con outras asociacións.
  4. Autoriza-lo alleamento, gravame ou hipoteca de bens sociais.
  5. Acorda-la disolución da asociación.
  6. Degigna-los/as limpiadores/as.
  7. Ratifica-la expulsión de asociados e asociadas a proposta da Xunta Directiva.
  8. Solicita-la declaración de utilidade pública da asociación.
  9. Aproba-lo regulamento de réxime interno da asociación.
  10. As que sendo de competencia da asamblea ordinaria, por razóns de urxencia ou necesidade, non poidan espera-la súa convocatoria, sen grave prexuizo para as asociacións.
  11. Tódalasa competencias non conferidas expresamente á Asamblea Xeral Ordinaria ou A Xunta Directiva.

Artigo 22º.- A asamblea Xeral quedará validamente constituida sempre que concorran metade máis un dos asociados na primeira convocatoria ou transcorrida media hora en segunda convocatoria, con calquerra número de asistentes pero, en todo caso, coa presenza do presidente uo vicepresidente e o secretario ou persoa que o substitúa.

Artigo 23º.- Os acordos adoptados deberán selo polo voto afirmativo da maioría simple dos asistentes ou representados, excepto os relativos os apartados 1 ó 7 do artigo 21º, que requirirán maioría de dous terzos. A continuación levaranse lo acordos ó libro de actas e asinará o/a presidente, o/a secretario da asamblea. A acta deberá ser lida na seguinte sesión celebrada pola Asamblea Xeral e aprobada por maioría dos presentes.

Artigo 24º.- Os acordos adoptados conforme os preceptos anteriores obrigarán  a tódolos/as asociados/as, incluso ós/ás non asistentes.

As sesións abriranse cando así o determine o o presidente. Seguidamente procederase por parte do secretario á lectura da acta da Asamblea anterior que deberá ser aprobada.

Posteriormente o secretario procederá a presenta-la orde do día. Cada punto será informado polo menbro da Xunta Directiva que lle corresponda, procedéndose ó debate e a aprobación dos correspondentes acordos nos termos contidos nestes estatutos, segundo a materia de que se trate.

Artigo 25º.- Os acordos que vaian contra contra estes estatutos uo infrinxan os fins da asociación poderán  ser recorridos en reposición diante de Asamblea Xeral. A partir da resolución do recurso de reposición, quedará expedita a vía para recorrer perante a xurisdición ordinaria.

Artigo 26º.

  1. O secretario recibirá e tramitará as solicitudes de ingreso, levará oficheiro e o libro de rexistro de asociados e terá ó seu cargo a dirección dos traballos administrativos da entidade. Correspóndelle así mesmo notifica-los convocatorias e custodia-las actas e expedir certificacións destas co visto e prace do presidente. O secretario tamén levará o inventario dos bens da asociación nun libro establecido para este efecto.
  1. Nos casos de ausencia, vacante ou enfermidade do secretario, o presidente designará entre os vocais a un que desenvolva esta función.

Artigo 27º.

  1. O tesoureiro recadará e custodiará os fondos pertencentes á asociación, dará cumprimento ás ordes de pagamento que expida o presidente, levará a contabilidade da asociación, tomará razón e levará conta dos ingresos e dos gastos asociativos, elaborará o borrador de orzamentos da asociación así como as contas de resultados e balances.
  1. O tesoureiro ten a obriga de proceder ó peche do exercicio orzamentario antes do 15 de decembro, co fin de que as contas estean a disposición dos membros da asociación nos quincedías anteriores á celebración da Asamblea Ordinaria.

Artigo 28º.- Os vocais terán as seguintes atribucións:

  1. Realizar programas e propostas na súa área de actuación.
  2. Desempeña-los traballos que lle sexan encomendados pola Xunta Directiva.

CAPÍTULO IV

RÉXIME ECONÓMICO

Artigo 29º.- A Asociación dispón dun patrimonio de 1279.11 euros. O peche do exercicio económico coincidirá co do ano natural.

Artigo 30º.- A Asociación funcionará en réxime de presuposto anual, con partidas diferenciadas de ingresos e gastos. O borrador de presuposto será elaborado polo tesoureiro da asociación, que deberá de telo preparado antes do un de xaneiro de cada ano, co fin de que poida ser aprobado na Asemblea Xeral Ordinaria.

Artigo 31º.- a Asociación manterase dos seguintes recursos:

  1. As cotas periódicas dos/as asociados/as.
  2. As cotas extraordinaris que propoña a Xunta Directiva e sexan aprobadas pola asamblea.
  3. As doazóns ou subvencións que poidan conceder órganos públicos, entidades privadas ou particulares.
  4. Os ingresos que se poidan recibir polo desenvolvemento das actividades da asociación.
  5. Calquera outro ingreso admitido pola normativa vixente para actividades non lucrativas.

Artigo 32º.- A Asamblea Xeral Ordinaria, a proposta da Xunta Directiva, aprobará tanto as cotas ordinarias como as extraordinarias que non serán reintegrables en ningún caso. O recadado adicarase a atende-las necesidades da asociación.

Artigo 33º.- Anualmente con referencia ó último día do exercicio económico de cada ano, elaboranse as contas, que se formalizarán nunha memoria, que será posta a disposición dos/as asociados/as, durante un prazo non inferior a 15 días ó sinalado para a celebración da Asamblea Xeral Ordinaria, que deberá aprobalas ou censuralas.

Artigo 34º. –Para a disposición de fondos das contas que a asociación ten nas entidades bancarias será necesaria a sinatura conxunta do presidente e do tesoreiro.

Artigo 35º. –Como entidade se ánimo de lucro, en ningún caso poderán ser distribuídos entre os/as asociados/as os recursos obtidos pola asociación.

CAPÍTULO V

DO REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO

Artigo 36º. –O regulamento de réxime interno, no seu caso, desenvolverá aquelas materias non contempladas directamente nos presentes estatutos, como o procedemento de elección da Xunta Directiva e o procedemento disciplinario, non podendo ir en ningún caso en contra do estipulado neles. En todo caso, o procedemento estará sometido ó ordenamento xurisdicional civil.

CAPÍTULO VI

MODIFICACIÓN DE ESTATUTOS E DISOLUCIÓN DA ASOCIACIÓN

Artigo 37º. –Os presentes estatutos só poderán ser modificados por acordo da Asamblea Xeral Extraordinaria convocada para tal efecto, adoptado polas 2/3 partes dos asociados. A proposta de convocatoria deberá ir acompañada do texto das modificacións propostas.

Artigo 38º. –A Asociación disolverase voluntariamente por acordo dos asociados adoptado polas 2/3 partes dos asistentes a Asamblea Xeral Extraordinaria convocada para tal efecto.

Artigo 39º. –Acordada a disolución, a Asamblea Xeral Extraordinaria designará tres asociados/as liquidadores, que xunto o/a presidente/a  e o/a tesoreiro/a , procederán a efectuar a liquidación dos bens, pagando débedas, cobrando créditos e fixando o haber líquido     resultante.

Artigo 40º. –O haber resultante unha vez efectuada a liquidación, doarase a outra Asociación non lucrativa e de similares carazterísticas en fins medioambientais da comunidade autónoma.

O xustificante da doazón será presentado no Rexistro de Asociacións correspondente para proceder a inscrición da disolución da asociación.

Don Vicente Fernández Pérez, na sua calidade de Secretario da Asociación Ecoloxista Coto Do Frade fai constar que os ditos estatutos modificados en Asamblea Extraordinaria  celebrada o día 18 de xuño de 2004 son para cumprir cos requisitos establecidos na disposición transitoria primeira da lei orgánica 1/2002, de 22 de Marzo, reguladora do dereito de asociación.

Ribadavia a 18 de xuño de 2004

ADAPTACIÓN DOS ESTATUTOS DA ASOCIACIÓN ECOLOXISTA COTO DO FRADE

CERTIFICADO DA ACTA DA ASAMBLEA EXTRAORDINARIA DA ASOCIACIÓN ECOLOXISTA COTO DO FRADE

Don Vicente Fernández Pérez en calidade de Secretario da Asociación Ecoloxista Coto do Frade:

CERTIFICO

Primeiro:

Na localidade de Ribadavia, o día 18 de xuño do ano 2004  ás 20:30 horas, reuníronse 67 persoas, todas elas integrantes da asamblea xeral da Asociación Ecoloxista Coto do Frade, convocada en data 3 de xuño de 2004, para os efectos de adapta-los seus estatutos á lei orgánica 1/2002, do 22 de Marzo. Existe quórum suficiente ó estaren representados o 52% dos asociados de acordo co artigo 15 dos vixentes estautos.

Segundo:

A Asamblea Xeral Extraordinaria adoptou por unanimidade a favor o acordo de adapta-los novos estatutos da asociación á nova lei orgánica 1/2002.

Este certificado emítese para a súa presentación no Rexistro de Asociacións ó abeiro do disposto na disposición transitoria única do Real decreto 1497/2003, do 28 de Novembro.

Ribadavia a 18 de Xuño de 2004.

Visto e prace

O Secretario                                                                                                  O Presidente

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: