Skip to content

Perigo, individuos armados nos montes do Ribeiro

28/10/2009

involucionP1200005Inmersos noutra tempada de caza, pasear ou pedalear na bicicleta a  fin de semán polos montes pertencentes ós Concellos de Melón e Avión, fundamentalmente, é todo unha experiencia para os amantes das emocións fortes, deporte extremo onde a integridade de camiñantes e ciclistas queda restrinxida á acción dos matarifes. O dereito a disfrutar da natureza sen estar suxeito ás ameazas desta panda de individuos primitivos aparece no olvido, os dereitos fundamentais (dereito a que non me maten) semellan non existir no paradigma deste sistema pútrido que ampara  ós que van armados en detrimento dos que só buscan coñecer e respetar para aprender do noso entorno natural.

A lei de caza (súa lei) inclúe os camiños dentro das denominadas zonas de seguridade, sendo a área de influenza de 25 metros a ambos lados das pistas. Nestas zonas de seguridade está prohibido transitar con armas cargadas (moito menos disparar). Do mesmo xeito, está prohibido disparar en dirección ós camiños. Non esquezas denunciar ante a garda civil cando esta circunstancia é vulnerada, que o teu dereito a camiñar ou pedalear non se vexa condicionado polo escuadrón dos paletos armados.

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: