Skip to content

Limitando a contaminación no fogar

04/11/2009

limonesReducir a contaminación ambiental no noso fogar pode resultar altamente beneficioso para a nosa saúde. Son moitos os estudos que demostran que os niveis de contaminación nos fogares é superior ó do exterior, esta circunstancia ven dada, fundamentalmente polo uso (abuso) dos productos de limpeza, ambientadores e insecticidas, veleno en pequenas cantidades que ateigan o ambiente poñendo a nosa súde en risco. O efecto máis destacábel sobor a nosa saúde ven dado polo notábel incremento de alerxias e de enfermidades relacionadas co aparello respiratorio. A todo elo, cabe subliñar, que estes productos van parar ós desagües dos nosos fogares, contribuíndo á contaminación das augas subterraneas e dos ríos.

Alternativa sustentábel:

– Limitar o uso de deterxentes, unha solución de vinagre ou limón serve para  cerámicas e vidros, ademáis, é desengrasante.

– Para limpar o forno rociar con auga quente e añadir bicarbonato de sodio.

– Os ambientadores poden ser reemplazados por unha mestura de ervas con zume de limón.

– Para limpar o baño usar unha mestura de bicarbonato de sodio e auga.

– Para manter a casa limpa simplemente basta auga e xabón.

Elaborar un ambientador

Dunha maneira sinxela podemos ambientar o noso fogar sen necesidade de contaminar o aire. Gardamos nun tarro pechado ervas aromáticas e flores secas durante tres ou catro días removendo a mestura de cando en vez. Logo añadimos unhas gotas do aceite esencial que máis nos guste e deixámolo durante un mes removendo cada día. Xa temos o noso ambientador

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: