Skip to content

Gas Natural Fenosa da explicacións

06/11/2009

O Concello de Ribadavia, foi o único da comarca en, alo menos, pedir explicacións pola situación vivida no río Avia este pasado verán e ven entrado o outono, solicitando por escrito á empresa as razóns pola prolongada e nula aportación de auga dende Albarellos ó noso río.

Dende Coto do Frade queremos aplaudir esta decisión e agardamos que a mesma actitude amosada polo Concello nesta ocasión sexa o modus operandi para futuras barrabasadas que se cometan contra o noso medio. Un Concello ten que mirar polo bo estado ambiental da súa comunidade e artellar tódalas accións que procedan para defender o ben común. Coto do Frade quere tamén rectificar o artigo publicado no seu día “Gas Natural-Fenosa comeza a turbinar”, onde se poñía en dúbida a actuación do Concello nesta cuestión.

.

Polo que a esta Asociación respecta, as escuetas explicacións da empresa en catro míseros puntos son unha burda manipulación da realidade.

1) A empresa “Durante los meses de Mayo a Octubre se han realizado trabajos de rehabilitación de la central hidráulica de Albarellos, manetniéndose en todo  momento una vigilancia exhaustiva de cualquier impacto medioambiental que pudiera derivarse de los mismos”.

Coto do Frade: A actuación perpetrada provocou un forte impacto ambiental. A área riparia foi desecada propiciando que a incidencia da plaga dos amieiros (Alnus glutinosa) fora máis virulenta. O Humedal de As Graveiras (San Cristovo) foi desecado, do mesmo xeito que as charcas das insuas de San Cristovo e Ribadavia. O tramo de río que descurre dende a presa ata a  desembocadura do río Arenteiro chegou practicamente a desaparecer no mes de Setembro e primeira quincena de Outubro.

PA132466PA142484

2) A empresa “A lo largo de todo este periodo, la gestión del embalse se ha realizado conforme a los establecido en las Normas de Explotación del mismo, permaneciendo los niveles del embalse dentro de los límites admisibles según las propias normas”.

Coto do Frade: O encoro de Albarellos chegou a estar ó 70,33% da súa capacidade, triplicando os niveis con respecto á media dos dez últimos anos. Como elemento regulador dos cauidais do río Avia, púxose en risco a seguridade dos veciños.

PA142471PA142473

3) A empresa: “En todo momento se ha controlado el caudal ecológico vertido al río Avia a través de la toma existente en el caudal del Viñao”.

Coto do Frade: En ningún momento se constatou esta posibilidade, Coto do Frade fixo un seguimento do río entre os meses de Maio e Outubro. As conclusións son;  o río día a día perdía caudal, o elemento regulador dos caudais do río Avia foi simplemente o aporte natural do seu afluente, as augas do río Arenteiro foron as que mantiveron o  escaso caudal da charca do Avia. Coincidindo cos meses de Setembro e Outubro a situación empeorou pola falla de choivas e o río Arenteiro apenas puido manter os niveis de caudal mínimos para que, alo menos, o río Avia circulara.

PA042417P9232385

4) A empresa: “Como medida previsora en caso de falta de caudal ecológico, se instalaron dos bombas que permitían bombear agua desde el vaso del embalse hacia aguas abajo a través de la coronación de la presa”.

Coto do Frade: Aparte de non entender nada, o seguimento, como dicíamos, incluía o encoro de Albarellos. En ningún momento puidemos constatar outro caudal que a ringleira que aparece na fotografía.  A non ser que a explicación, ou a consideración de caudal ecolóxico por parte da empresa sexan as filtracións que se producen na presa. Non chegamos nunca a constatar a existencia de ningún elemento na coronación da presa.

PA072449PA142469

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: