Skip to content

Non merques animais, adopta

08/11/2009

P92423908Os gatos e os cans non son xoguetes. Son vidas que precisan de coidados que respeten tanto a súa saúde física como emocional. Pensao ben denantes, que non se converta nunha víctima dun capricho pasaxeiro. Se realmente estás convencido non merques animais, adopta.

Ó mercar estás colaborando con aqueles que tratan ós animais como simples mercadurías, seres indefensos sometidos á tortura, non sexas cómplice desta barbarie, da deshumanización en nome do capitalismo.

Os animais destiñados á producción de cativos levan unha vida miserábel, fechados en gaiolas ananas, tratados como aparellos reproductivos e expostos a diferentes enfermidades. As femias levan a peor parte deste xogo asasino, explotadas ó máximo están preñadas e parindo toda a súa vida, esta circunstancia provoca un cadro de descalcificación e anemias, moitas veces irreversíbeis. Cando os cativos presentan algunha anomalía son cambiados como obxectos, son asasinados ou abandoados, vendidos  a empresas que experimentan ou textan con animais. Os adultos, cando deixan de ser productivos, corren a mesma sorte.

Se estás convencid@ de poder ofrecer os coidados que un ser vivo necesita, podes poñerte en contacto co refuxio de Ponteareas, un lugar onde os animais son ben tratados e onde agardan o teu arribo para teren unha vida mellor.

.

.

Enderezo: Refugio de animales de Ponteareas

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: