Skip to content

Plano eólico, máis do mesmo

09/11/2009

energia_eolicaO cachondeo da enerxía eólica na Galiza continúa, un caramelo en mans da especulación, un pastel demasiado gordo a repartir entre amigos e veciños. A Xunta ampárase no plano eólico do ano 1997 para evitar a avaliación ambiental estratéxica que esixe a UE. A FEG ven de amosar o seu rexeitamento á nova proposta eólica do chiringuito galego.

.

A FEG amosa o seu rotundo rexeitamento á nova proposta eólica e solicita a derogación do Plano Eólico vixente e a aprobación do novo Plano Sectorial Eólico de Galicia. Así mesmo a FEG considera unha burla que se pretenda vender o reparto eólico de 2300 MW como algo novo e óptimo, cando na realidade está a se aproveitar dos rasquizos legais que permite o desfasado plano de 1997.

A FEG lembra que o bipartito cometeu o mesmo erro capital ao non elaborar un novo plano eólico, que permitise desterrar os máis escuros intereses de adxudicación que agocha a planificación eólica concibida en plena voráxine do PPdeG ao fronte da Xunta.

¿Qué medo ten a Xunta de Galicia a adecuar o Plano Eólico aos tempos actuais? A resposta está na Directiva 2001/42/CE, trasposta na Lei 9/2006, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no medio ambiente. Debido a que a súa aplicación (que incorpora requirimentos de esixencia ambiental para un equilibrado e sostíbel ordenamento territorial) non ten carácter retroactivo, o xeito de eludir o seu sometemento é ampararse no plano aprobado hai 12 anos. Con toda probabilidade a avaliación estratéxica axustaría a potencia eólica a capacidade real que Galicia pode aturar.

A proposta de lei é pésima e até resulta paradoxal que con toda a inseguridade xurídica suscitada, se pretenda orquestrar un reparto de tal potencia partindo duns mínimos condicionantes ambientais.

  • Unhas nulas garantías ambientais baseadas fundamentalmente en catros aspectos:

1.- O rebaixamento e anulación do proceso de avaliación de impacto ambiental, que vai a contracorrente da normativa vixente.
2.- Simplificación na tramitación por medio das licenzas municipais, cando seis de cada dez concellos en Galicia carecen de Plano de Ordenación Urbanística (que, tamén debe estar sometido a Avaliación Estratéxica Ambiental).
3.- O incumprimento da Lei 42/2007, de 13 de decembro, do Patrimonio Natural e da Biodiversidade, do Decreto 88/2007 do 19 de abril, polo que se regula o Catálogo galego de especies ameazadas e da Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia.
4.- O desprezo da Rede Natura 2000, que precisa antes de calquera outra aprobación de proxectos de forte incidencia territorial, ter aprobados os Planos de Conservación e, por requirimento da UE, aprobar dunha vez a tan demandada ampliación que equipare Galicia cos outros territorios do estado.

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: