Skip to content

O teito da Galiza en perigo

21/11/2009

O Concello de A Veiga na comarca de Trevinca foi declarado como Municipio Turístico Galego no ano 2001, galardoado co premio Bandeira Verde no 2002 pola súa acción na conservación da biodiversidade, premio Agader no 2003 ó embelecemento do Medio Rural Galego. Conta con diferentes espazos da Rede Natura, lugar de Importancia Comunitaria (LIC) e estaba proxectado contar cunha Zona de Protección para as Aves (ZEPA). Estamos nun dos derradeiros paraísos da provincia de Ourense, onde, ata o de agora, a natureza foi considerada como principal motor para o desenrolo do Concello.

O próximo venres día 27 de Novembro esta situación vai a ser mudada, Fernando Fernández, o actual rexidor municipal vai a ser expulsado mediante unha moción de censura argallada polo Partido Popular e sopesada polo partido independente AEIVE. O alcalde socialista será fulminado din que por ecoloxista radical, aínda que trala decisión están os verdadeiros obxectivos, un parque eólico que dende a Xunta de Galicia se tenta reactivar nesta área de grande interese natural, un novo decreto que o governo de Feijoo vai aplicar para deixar en mans dos Concellos a autorización dos parques eólicos por medio de licenzas minicipais. Para acadar este obxectivo, o mellor é borrar da vida pública a Fernando Fernández, un activista que sempre se opuxo a esta tropelía.

A autorización desta falcatruada democrática nun espazo que estaba pendente de ser declarado Parque Natural antes de rematar o ano 2009 supón un paso atrás na conservación do patrimonio natural galego, outra volta de rosca que sumar ós atropelos sitemáticos que sofre o noso medio, unha alcaldada contra a decisión popular emerxida das furnas. Seguimos avanzando.

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: