Skip to content

Non te esquecemos

05/12/2009

¿Qué acontecemento pasou fai 10 anos en Ribadavia, é dicir, no Novembro do ano 1999?………nin pajolera idea….. nada, non me ven …….comodín doutra pista…….foi unha obra que empezou no ano 1999 e ramatou a principios do ano 2005…….pensa oh, que pouca memoria tes……..si home gastáronse 178 millóns de pesetas (daquelas non había euros) en facer o que  hai por riba……macho mira que estas torpe…………ía ser a obra que marcaría o despegue industrial e social de Ribadavia…..nada non dou ……. si home ía ter baños públicos, unha fonte no medio, cafetería e pergolas por onde discurriría as hedras, ….., nada estou tonto, …….. si home ía ter unha galería para comercios, supermercado, outro Ponte Vella pero en Ribadavia……..máis pistas por favor…….non te acordas que se pecharan no Concello 4 folloneiros durante 1 semana protestando por dita obra……comodín do 50 % por favor……….si oh, que pidiran firmas para mostrar que a xente estaba en contra e só xuntaran 54 por tódolos bares de Ribadavia, incluso houbo xente que firmou dando datos en falso…….comodín da chamada por favor……….si home que foramos tomar café a Praza e dixeras que non, porque si nos vían os 4 folloneros tiñamos que ir onde eles e igual non me collían na brigada do gruñir…..

Podería seguir dando pistas e o máis problable e que só meu irmán pequeno, o Raul e o Vicen, máis eu (sumamos 4), sumaríase máis tarde o Joe (pero este durmía na casa) serían capaces de saber de que acontecemento falamos.

Estamos a falar do comezo das obras da construcción dun Parking no espacio que anteriormente ocupaba a alameda de Ribadavia.

Non fixo falla que 4 anos despois un petroleiro de nome Prestige ensinara a todos (menos a 4) o que era a dignidade, a que nunca máis nos xuntariamos ou embarcariamos con ninguén (de ahí a postura de non estar con Parque ambiental Non ou Parque ambiental Si), ti que non soubeche responder á pregunta dirías que somos uns ambiguos, que non nos mollamos, nós, os 4 diremos que porque no nos da a gana de ir con ninguén, imos nós sos, somos libres, liberdade, e o mellor de todo, 4 amigos para toda a vida, amizade

Noviembre de 1999 (Ribadavia) – 4.00 horas da mañá no salón de plenos do concello de Ribadavia :

“Merda, que poucos somos”—–“sí, pero canta dignidade nos sobra”.

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: