Skip to content

Medio Rural contesta a Coto do Frade

09/12/2009

A Consellería do Medio Rural ven de contestar ó noso escrito do 22 de Setembro (ollar no apartado Denuncias), no que describimos o nulo aporte de caudal que o encoro de Albarellos proporcionaba o río Avia, tamén, amosabamos a nosa preocupación polos posíbeis vertidos de adegas en plena campaña da vendima.

Dende o organismo oficial só se atende ós argumentos da empresa. A realidade é simplemente unha, o río Avia quedou practicamente seco entre os meses de Setembro e primeira quincena de Outubro mentres o encoro de Albarellos rebosaba auga. Tódolos argumentos expostos pola Consellería son un chiste  sen gracia algunha e obedecen ó mandado da empresa.

Dos argumentos expostos concluímos:

● Que o río Avia non aporta caudal “ecolóxico” ó río Avia. Que o seu aporte queda restrinxido á acción das turbinas.

● Que o caudal “ecolóxico” do río Avia queda reducido á aportación da canle de derivación do río Viñao, totalmente insuficiente.

● Que o Pacto Ambiental fixado entre a Xunta de Galicia e a empresa é insuficiente para manter o bo estado ecolóxico das súas augas.

● Que se imcumplen as seguintes leis;  “Lei de Pesca Fluvial de 1942,  Lei de Augas de 1985 (modificada en 2001), Directiva 92/43/CE e Directiva Marco de Augas (Directiva 2000/60/CE)” sen que os arganismos competentes fagan absolutamente nada.

● Que os únicos ríos afectados a día de hoxe pola plaga dos amieiros no Ribeiro son o río Avia dende o Encoro de Albarellos ata a desembocadura  e os ríos Arenteiro e Varón, polo que, considerar que o problema afecta a tódolos ríos é unha burda manipulación da realidade. Non se tomaron medidas de prevención e as actuacións levadas a cabo resultaron desastrosas para o control da pandemia, polo que, é moi posíbel que a mesma acabe afectando a tódolos ríos  nun futuro, para entonces, darémoslle a razón.

● En relación a posíbeis vertidos ó río Avia, en ningún momento se plantexa as actuacións de prevención levadas a cabo como solicitaba esta Asociación (control de vertidos en empresas, Concellos, etc). Consideramos, polo tanto, que non se atendeu a nosa demanda e que o río Avia estivo totalmente desprotexido pola administración no periodo de vendimas.

Esta foi a única realidade.

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: