Skip to content

Comercio Solidario no Concello de Arbo

12/12/2009

O vindeiro Domingo día 20 de Decembro celébrase en Arbo o segundo mercadiño solidario. Coto do Frade foi invitado polo Concello a participar, como sempre a nosa aposta é o comercio xusto, os productos que habitualmente e de xeito periódico ofrecemos tamén ós veciños do Ribeiro no posto que montamos na praza maior de Ribadavia.

O mercadiño estará na praza do consistorio entre as 10 e as 18h, sendo numerosos os colectivos que participarán, polo que a oferta (alimentación, artesanía, etc.) será abondosa e poderá cubrir tódalas esixencias dos consumidores que apostan por un xeito de consumo máis responsábel, máis xusto e onde prevalece o valor engadido do traballo artesanal por riba da dictadura empresarial das industrias multinacionais. En caso de choiva, o mercadiño quedará instalado no pavillón dos deportes.

Coto do frade non obtén benefico algún pola súa venda, tódolos productos de alimentación que ofrecemos están certificados como biolóxicos, procedentes de diferentes lugares do planeta  onde os beneficios só recaen nos productores, comunidades indíxenas onde, logo de séculos de represión, se desenrolan ideoloxicamente baixo criterios comunitarios e de sustiza social. Mercar estes productos é por en valor o traballo das comunidades, garantir un futuro digno a milleiros de perosas, en definitiva,  valorar o esforzo e combatir activamente o capitalismo.

Coto do Frade traballa con Ideas (Iniciativas de Economía Alternativa e Solidaria), unha organización de Comercio Xusto na que a misión é transformar o entorno económico e social para construir un mundo máis xusto e sostíbel, desenrolando iniciativas baseadas na economía solidaria e o consumo responsábel, tanto no ámbito local como internacional. Tódalas accións da organización fundaméntanse no principio de igualdade, participación e solidaridade.

Para rematar, dende Coto do Frade queremos agradecer a invitación que dende o Concello de Arbo se fai cara a esta Asociación, oxala as iniciativas deste tipo fosen o habitual e non só no periodo maís hipócrita e falso do ano, o Nadal. Dignificar os sentimentos, apostar polo desenrolo dos máis desfavorecidos é o único camiño para acadar a xustiza en todo o planeta. Agardamos a vosa presenza.

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: