Skip to content

Solidaridade con Matar por Matar Non

12/12/2009

Coto do Frade quere amosar o desprezo máis absoluto ó Concello de O Carballiño, que nun claro exercicio de persecución contra a sociedade civil pretende, unha vez máis, empapelar vía xudicial ós compañeiros do Colectivo Matar por Matar Non. Baixo a acusación de “graves” altercados á seguridade cidadá, o consistorio volta a amosar o nulo respeto polos dereitos cidadáns,  a manifestarse e a denunciar os atropelos que comenten “sus señorías”, á utilización do dereito á expresión e á información para denunciar as irregularidades cometidas na cancería municipal.

Do mesmo xeito Coto do Frade, aplaude o traballo da organización e suscribe as denuncias contra o Concello polos actos cometidos na cancería de O Carballiño, onde 54 cans foron asasinados con total impunidade.

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: