Skip to content

Secar o río Sil non é delito segundo a fiscalía

17/12/2009

A fiscalía ven de arquivar a denuncia que presentaban o BNG e axentes forestais dependentes de Medio Rural contra a empresa Iberdrola, segundo a fiscalía ourensá non se constatou impacto ambiental grave que xustifique a existencia do feito delictivo.

Falar de medio ambiente na Galiza é como falar de dereitos humanos en Palestina, unha utopía. Pretender un mínimo de respeto hacia a decisión da fiscalía resulta un absurdo. A realidade dos feitos, para calquera persoa normal saltan á vista, unha empresa seca un río morrendo varios centos de peixes, un coñecemento de mínimos sobre bioloxía leva a conclusión definitiva de que a flora tamén foi afectada, e neste democrático estado resulta que isto non é delito.

Mellor vou calar, todo o que puidera dicir nestes momentos, seguro, que si sería constitutivo de delito e a fiscalía actuaría de oficio, quen sabe, ó mellor tiñamos de declarar na Audiencia nazional por apoloxía do funanbulismo. ¡Qué vergoña!.

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: