Skip to content

Kiribati, o primeiro país en desaparecer polo cambio climático

22/12/2009

Kiribati é un archipiélago composto por 33 atolóns e unha illa volcánica, é o fogar de 97.000 persoas que en menos de medio século, si se cumpren as previsións, será engullido polo océano. O primeiro país en desaparecer do planeta por culpa do cambio climático, o primeiro dunha longa lista.

  • O Presidente do país, Anote Tong, ven de rematar unha xira internacional co fin de atopar unha nación de adopción para os seus cidadáns. Só o governo neozelandés respondeu a súa petición de asilo.
  • Nos anos sesenta, Gran Bretaña e EEUU, utilizaron esa zona para experimentar con bombas atómicas.
  • O dirixente Kiribatí asegura que os pequenos archipiélagos do Pacífico Sur só producen o 0,6% da contaminación do mundo, nembargantes, son eles os que máis pagan os danos provocados polo cambio climático.
  • Construir un dique de reforzo nas illas Gilbert, as máis poboadas, suporía máis do doble do PIB do pais.
  • Tres das súas illas xa están sepultadas baixo as augas.
  • A Confederación Ministerial sobre medio ambiente da rexión Asia-Pacífico levada a cabo no ano 2000 na cidade de Kitakyushu (Xapón) xa alertaba desta situación concluíndo que os archipiélagos do Pacífico eran vulnerábeis á subida do nivel do mar.
  • A visión apocalíptica do futuro de Kiribati non é nova, en 1989 un informe de Nacións Unidas apuntaba a que sería un dos primeiros países en ser devorados polo océano.
  • Rodeado de xigantes como China e Australia, os Kiribatís, afrontan a súa desaparición en soedade, condedados a seren esquecidos para sempre.

.

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: