Skip to content

Comezar o ano pensando

01/01/2010

Observemos o mundo real, o control da sociedade, o capitalismo como relixión. A importancia do ser humano queda restrinxida a súa capacidade para xenerar beneficios, dende os atentados terroristas ata as guerras, dende a industria farmacéutica á industria da alimentación. Todo vale á hora da obtención deses beneficios, o fin xustifica tódolos medios, aínda que os mésmos signifiquen a destrucción do planeta.

“The Corporation” é un documental dirixido por Mark Achbar e Jenifer Abbott, durante case tres horas, os autores, analizan o comportamento das multinacionais dando por válida a hipótese legal pola cal unha empresa é “unha persoa” con dereitos e obligacións. A película está baseada no libro “A Corporación, a persecución patolóxica do beneficio e o poder”, de Joe Bakam.

Un apaixoado achegamento en tres partes ó mundo globalizado, una explicación teórica e práctica para entender o funcionamento psicópata das corporacións; os instrumentos máis retorcidos para manipular o noso xeito de vida. Unha aproximación real ó comportamento humano baixo a presión do mercado, as necesidades creadas, a filosofía da inutilidade, a importancia da vanalidade como moldeador da conciencia colectiva.

Ollar documental;  cbaPLAY .com – The Corporation.

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: