Skip to content

Caza do raposo en Arnoia

13/01/2010

Esta pasada fin de semana, no Concello de Arnoia, os heroes dos nosos montes participaron no campionato provincial da caza do raposo. Un evento que apenas tivo trascendecía mediática e, como nos teñen acostumados nos últimos tempos, foi levado a cabo con absoluto mutismo. Unha circunstancia que nos ten que levar a reflexionar sobre a seguridade nos nosos montes, unha vez rematada a tempada de caza, este tipo de actos afastados do humanamente soportábel, teñen que ser publicitados debidamente para non causar problemas de seguridade ós que simplemente acuden ó monte para disfrutar do entorno e da vida. O resultado da matanza non semella demasiado chamativa, incluso na páxina da Federación de Caza non se dan as cifras dos animais asasinados, simplemente se amosan ós felices “deportistas” gañadores posando en plan equipo de fútbol de dubidosa calidade, por cuestións de estética evitamos reproducir a devandita imaxe.

Os campionatos provinciais de en A Coruña e Lugo foron suspendidos por mor do mal tempo, mentres que no de Pontevedra, foron abatidos 47 animais nun programa que contou cunha participación de 580 escopetas. En definitiva, a Galiza anacrónica amosando o pior da súa especie, persoeiros que se poñen “palotes” derramando sangue allea polos nosos montes e unha administración empeñada en xustificar a matanza de animáis indefensos, un esperpento que amosa un país anclado no século XIX.

Máis info:   MATAR POR MATAR NON.org

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: