Skip to content

Campionato galego da caza do raposo en A Cañiza

18/01/2010

Outro fin de semana de caza fora de tempada, outro día para lembrar que os montes non só pertencen ás escopetas. Esta pasada fin de semana un bo grupo de persoas amantes dos animais participamos do dereito a tomar os nosos montes, do dereito a reivindicar e reinventar outro xeito de vida, outra maneira de estar en contacto co noso entorno, máis respectuosa e por suposto, exenta de sangue.

Din por ahí que estamos no século XXI, aínda que as imaxes reflexen outro tempo, nunca entenderei a matanza de animas indefensos como instrumento para vencer a nosa miseria, existencial. Cando unha sociedade non é quen de sensibilizarse xa por nada é que estamos enfermos, anestesiados e inmunes ó sufrimento. Os rituais do home versus animal para reafirmar a testosterona, a busqueda da “hombría” perdida por unhas cantas ducias de Homo Erectus armados coa última tecnoloxía para asasinar sen outro fin que non sexa ese. Unha loita desigual, inxusta e moralmente insoportábel, o “home” co seu armamento, o animal que simplemente cometeu o erro de vivir alí, un disparo e o solo tínguese de sangue. A violencia gratuita e amparada por lei, o dereito a que te maten por pracer e un trofeo agardando o heroe da xornada; ó máis matarife de tódolos matarifes, ó máis macho de tódolos machos. Por favor, máis bibliotecas.

Un día onde a choiva empapaba cada recuncho do solo, onde a auga desfilaba en ringleiras monte abaixo, os pes entumecidos e o vento tentando derrubar esa árbore. A néboa incapaz de cegar a irracionalidade acompañóunos a cada paso. A imaxe propia dun inverno calquera, equilibrada e sinceira, agarimosa pero estridente, onde calquera se sentiría minúsculo, case imperceptíbel. O sosego roto, eran preto de cen “todoterreno”, un catro por catro e dúbido que algúns puideran coa multiplicación, motores e armas, cans acinados en gaiolas con rodas, homes disfrazados de “rambo” e armas, moitas armas. Sede de sangue, cor de sangue, o monte ateigado, ¿Cántos mataron?.

No estado español hai concedidas 1.2000.000 licenzas de caza que implican o exterminio de máis de 16.000.000 de animais por tempada. As outras víctimas desta barbarie son os cans, utilizados como meros instrumentos ó servizo da actividade cinexética, son moitos os que fican abandoados unha vez remata a tempada, outros son asasinados no propio monte cando deixan de ser aptos para esta finalidade. Segundo datos da Federación de Caza, o 16% das licenzas concedidas están en mans de analfabetos, de xente con escasos recursos intelectuais incapaces de discernir entre o ben e o mal. Son datos, números, cifras, detalles, minucias e unha soa realidade, nos montes de A Cañiza queda menos vida …

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: