Skip to content

Coto do Frade participa nas movilizacións contra o AVE

24/01/2010

O pasado venres, diferentes colectivos onde destacaba a plataforma cidadá “Salva o tren” participamos na concentración contra o AVE en Ourense. Aproveitando a presenza do Ministro de Fomento, José Blanco e toda a tropa política con representación no parlamentiño galego, dígase PP, BNG e, por suposto, PSOE.

Levamos meses escoitando barallar a tódolos dirixentes políticos, sexan do partido que sexan, falan de progreso e da modernización do transporte ferroviario, da necesidade de dotar a Galiza dun transporte do século XXI, as únicas críticas veñen reflexadas polos prazos incumplidos do governo central. Mentres isto acontece, na Galiza, o tren público e social está a ser aniquilado polas diferentes administracións, o recorte nos servizos é alarmante, o peche de estacións e tramos de vía resulta do máis habitual.

O tren público e social é o que chega ó maior número de lugares e persoas tendo un prezo asequíbel para tod@s, une pobos e comarcas sendo unha alternartiva real ó transporte por autoestrada. A ampliación e mellora das vías ferroviarias ten que respostar exclusivamente ás necesidades da cidadanía sendo o seu custe económico, ecolóxico e enerxético proporcionado ó servizo que presta. Evidentemente, esta situación non se da cando falamos do AVE.

Nos derradeiros anos, a maioría dos presupostos adicados ó transporte ferroviario foron destiñados ó AVE,  abandoando os servizos tradicionais e deixando nunha situación de desamparo a milleiros de habitantes da nosa terra. Este proxecto non é necesario nen obedece a cuestións de interese xeral, non xurde coa intención de satisfacer unha necesidade social, é simplemente unha “horterada” argallada polas clases dirixentes e cunha clara vocación, repartir millóns (públicos) entre as empresas que participan desta bufonada. Millóns que ven poderían servir para cohexionar o territorio galego mellorando os servizos de transporte existentes e fomentando o seu uso.

Anécdota (ou non)

A concentración estivo marcada pola tensión, un grupo de manifestantes tentaron boicotear a charla de José Blanco, entrando no salón do Centro de Desenvolvemento de Caixanova e despregando unha pancarta alusiva ás reivindicacións. O noso compañeiro Xurxo foi secuestrado perante dúas horas polas forzas de seguridade e conducido a dependencias policiais. Un acto que consideramos desproporcionado, anacrónico e ridículo dado o carácter pacífico da actuación.

Por certo, o único que temos é este video, as imaxes grabadas no salón foron sustraídas (borradas) da cámara de video polos pitufos (policía).


Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: