Skip to content

A Federación Galega de Caza ameaza ós grupos ecoloxistas

27/01/2010

A Federación Galega de Caza ameaza con emprender accións legais contra os ecoloxistas. Dende o organismo “subvencionado pola administración galega” aseveran que “non admitirá nun futuro que se siga a conculcar o dereito dos cazadores ao exercicio da súa actividade exercida no marco da legalidade vixente. Así, a Federación Galega de Caza, unha vez estudado polos seus servizos xurídicos, someterá os seus órganos de goberno ao inicio de accións legais se fose o caso”.  O caso é que, nós, como cidadáns que non precisamos asasinar animais indefensos para “matar” o tempo, non admitiremos que se siga a conculcar o dereito dos paseantes ó exercicio da súa actividade (camiñar libremente por sendeiros e espazos públicos sen temor a ser tiroteados) exercida no marco da legalidade vixente e amparada no dereito fundamental a non ser intimidados e ameazados por levar a cabo esta actividade racional. Dende Coto do Frade, consideramos as ameazas dos “deportistas”, unha burda manipulación da realidade que pretende transformar ás víctimas en verdugos. Coto do Frade, ó igual que sucedera cando o campionato galego celebrado en A Cañiza, voltará a estar presente no campionato nacional en Portomarín (Lugo) e a exercer o seu dereito a amosar a repulsa contra esta sanguinolenta e fratricida actividade.

Por certo, legal e moralmente aceptábel non sempre camiñan da man, señores “deportistas”. Matar por pracer e amoral, anacrónico, pouco intelixente e espantosamente sádico.

.

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: