Skip to content

94 animais asasinados en Portomarín no VII campionato nacional da caza do raposo

31/01/2010

94 raposos menos nos nosos montes, 94 vidas que remataron a mans dos bárbaros e coa connivencia das administracións. Falar de éxito no libre exercico moral á manifestación e actuación nos montes para impedir a matanza de animais indefensos sería cair na autocompracencia, prácticamente se dobrou a cifra de animais masacrados con respecto ó ano anterior, claro que, tamén foron máis os “deportistas” que participaban desta sangría. Os incidentes foron menos que en anos anteriores, o despregue policial nos camiños chegando a impedir o acceso ós montes, intimidando con rexistros en vehículos e tódalas argucias imaxinábeis para defender os intereses dos “atletas” e restrinxir o dereito á libre circulación das persoas normais resultaron fundamentais para que o rexistro da masacre fora tal. Resulta evidente que os diversos estamentos únicamente se aplicaron á hora de preservar os intereses da Federación Galega de Caza, conculcando as leis para desprestixiar a un movemento crecente contrario á celebración desta monstruosa actividade. A criminalización dos activistas xa comeza a ser habitual, acusacións de ecoterrorismo e paiasadas varias semellan unha táctica que só busca xenerar máis tensión e que só ten o obxectivo de posicionar á sociedade en contra das víctimas e en favor dos verdugos, elementos armados que asasinan animais polo pracer que lle supón as súas deterioradas mentes.

.

A presión exercida sobre os activistas trasladouse tamén a Portomarín, impedindo as forzas de seguridade a concentración na praza do Concello, derivando a mesma a outra zona do pobo para, din eles, evitar enfrontamentos coa “Plataforma en Defensa do Agro e o Medio Rural” que tamén convocaba unha curiosa e sospeitosa concentración onde se xustificaba, entre outras cousas, a matanza de raposos para, din, que controlar a especie e así evitar, tamén din, que lles coman “as pitas”. Outra das razóns, seguen dicindo, resulta dos incidentes provocados por ecoloxistas no pobo, incidentes minúsculos se temos en conta as continuas provocacións e ameazas padecidas, se temos en conta que dun lado ían os “ximnastas” e do outro estabamos os que simplemente apostan por un mundo afastado da crueldade e polo socorro ós indefensos animais.

.

En definitiva, unha xornada de loita contra a senrazón, onde puidemos comprobar que o número de activistas segue a medrar ano a ano, así como o de colectivos implicados na defensa dos máis vulnerábeis. Humanidade fronte a barbarie, respeto á vida allea fronte a escopetas e brutalidade, ti decides de que lado estás, nesta historia non hai termo medio nen liñas tortas polas que perderse, tampouco argumentos posíbeis para o achegamento; uns matan animais indefensos para divertirse e percibir o agasallo “olímpico”, outros simplemente defendemos o dereito á vida.

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: