Skip to content

Rífase un cemiterio nuclear

03/02/2010

Finalmente son 13 os Concellos que entran na subasta do cemiterio nuclear, o reducido número de candidatos ven a deixar claro o fracaso do Ministerio de Industria cando pronosticaba que o agasallo millonario ía a ter un amplo seguimento e que serían moitos os termos municipais que loitarían polo pastel (envelenado). O proceso podiámolo concretar en dúas frases; ausencia total de mecanismos de participación cidadá e nula información ós concellos e público en xeral.

Cando falamos de residuos radioactivos temos que ter en conta que estamos ante un material altamente perigoso, cun elevado potencial radiotóxico e un alto nivel de radioactividade que persiste durante milleiros de anos. Non existe ningunha solución técnica que garanta que non se producirán efectos negativos sobre a saúde humana e o medio ambiente a curto, medio ou longo prazo. Polo tanto, deixar en mans da corporación local de turno unha decisión de semellante embergadura resulta, como mínimo, osado e pouco intelixente. A búsqueda de solucións debe contar necesariamente con un amplo acordo social que inclúa a tódolos sectores afectados.

.

As propostas ecoloxistas pasan necesariamente polo peche das centrais nucleares, o primeiro paso a dar é deixar de producir estes residuos, aprobando un plan de peche progresivo pero urxente das centrais e a aposta decidida polas enerxías renovábeis. A día de hoxe, o estado español, evita a aposta necesaria polo aproveitamento da enerxía solar, como dato, podemos sinalar, que calquera fogar sería autosuficiente coa tecnoloxía existente na actualidade.

O almacenamento destes residuos ten que producirse alí onde se xeneran, en cada central nuclear, evitando o transporte dos mesmos por autoestrada para diminuir así, a posibilidade dun accidente de consecuencias dramáticas. Esta sería a maneira que respetaría o máis posíbel a seguridade para a poboación, os traballadores e o medio ambiente.



Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: